serie animada francesa de ciencia ficción From Wikipedia, the free encyclopedia
Código Lyoko (Code Lyoko) é unha serie animada francesa creada por Thomas Romain e Tania Palumbo no ano 2003. Está producida por Antefilms (1ª tempada) e por MoonScoop (da 2ª tempada en diante), en asociación con France 3 e Canal J.
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Logo de Código Lyoko. | |
Formato | Acción, Aventuras |
---|---|
Creado por | Thomas Romain e Tania Palumbo |
Intérpretes | Animación |
Tema de apertura | Un monde sans danger (Un mundo sen perigo) |
País de orixe | Francia |
Episodios | 52 |
Produtor(es) executivo(s) | Christophe e Benoît Di Sabatino |
Duración | 26 minutos por episodio |
Canle de orixe | France 3 |
Primeiro episodio | 3 de setembro de 2003 |
Derradeiro episodio | ? |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20140209080852/http://www.netmedia.co.id/program/code-lyoko | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Esta serie utiliza a animación en 2-D (para a representación do mundo real) e a animación en 3-D (para a representación de Lyoko, o mundo informático). En Galicia emítese de luns a venres á mañá no espazo infantil-xuvenil Xabarín Club.
A serie está baseada en Garage Kids que trata de catro estudantes adolescentes que van á Academia Kadic, chamados Jeremie, Yumi, Odd e Ulrich, que descobren a Aelita, unha humana virtual, e viaxan a Lyoko por medio duns escáneres situados nunha fábrica abandonada. Teñen como misión defende-la terra de XANA.
XANA trátase dun virus informático que toma posesión da supercomputadora e ataca ao mundo virtual de Lyoko, creado por Franz Hopper (un antigo profesor de ciencias e ademais, pai de Aelita) para consegui-la dominación do mundo. Ataca ao mundo activando as "torres", xeralmente unha por unha, que actúan como acoplamentos ao mundo real. Os catro amigos teñen que virtualizarse usando os escáneres da fábrica, para axudar a Aelita a atopa-la torre que está activa. Son unhas corenta torres dispersas polos cinco sectores de Lyoko: xeo, deserto, bosque, montaña e Cartago. Mentres que Jeremie se encarga de detecta-los diferentes monstros que lles fan a vida imposible, guiarlles polo bo camiño e axudarlles todo o que pode dende a fábrica, os outros loitan contra estes monstros que XANA envía para que non cumpran co propósito de desactiva-la torre.
Para desactiva-la torre, Aelita ten que entrar nela e teclea-lo código (Lyoko), e así deter a XANA e mailo seu ataque contra o mundo verdadeiro. Despois de conseguilo, a supercomputadora pode iniciar o "regreso ao pasado", se o ataque de XANA foi de grande importancia, deixando só cos recordos do devandito ataque aos nosos heroes.
A fábrica é o lugar da serie onde se pode atopar o supercomputador que contén Lyoko. Aquí áchase o equipo usado para poder ter acceso a Lyoko. Consiste nun espazo de catro niveis: o piso da fábrica, o laboratorio, o cuarto de escáneres e o cuarto da supercomputadora. Os tres últimos niveis están protexidos por grandes portas seladas electromagneticamente por motivos de seguridade. Soamente se pode acceder á fábrica por un sumidoiro situado no bosque que está ao carón da Academia Kadic. Para acceder á sala da supercomputadora hai que usar un ascensor que protexe ben tódolos aparellos que aí gardan.
A Academia Kadic funciona como unha escola de educación secundaria. O seu director é Jean-Pierre Delmas e o seu supervisor é Jim Moralés. Cando XANA lanza algún ataque vai dirixido a esta Academia, pois o grupo vive e estuda aí.
Esta é unha listaxe dos episodios da serie, e só as dúas primeiras tempadas foron emitidas na Televisión de Galicia. Están estruturados en cadansúa tempada:
# | Título | Data de emisión en Galicia | Data de emisión en Francia |
---|---|---|---|
1 | "Godzilla, o oso de peluche" | 14 de abril do 2007 | 3 de setembro do 2003 |
2 | "Ver para crer" | 21 de abril do 2007 | 10 de setembro do 2003 |
3 | "Vacacións con bruma" | 28 de abril do 2007 | 17 de setembro do 2003 |
4 | "O diario" | 1 de maio do 2007 | 24 de setembro do 2003 |
5 | "O virus" | 5 de maio do 2007 | 1 de outubro do 2003 |
6 | "Dilema cruel" | 12 de maio do 2007 | 8 de outubro do 2003 |
7 | "Problema de imaxe" | 19 de maio do 2007 | 15 de outubro do 2003 |
8 | "Última toma" | 26 de maio do 2007 | 22 de outubro do 2003 |
9 | "O satélite" | 2 de xuño do 2007 | 29 de outubro do 2003 |
10 | "A rapaza dos meus soños" | 9 de xuño do 2007 | 5 de novembro do 2003 |
11 | "A praga" | 16 de xuño do 2007 | 12 de novembro do 2003 |
12 | "O ataque das avespas" | 23 de xuño do 2007 | 19 de novembro do 2003 |
13 | "Xusto a tempo" | 30 de xuño do 2007 | 26 de novembro do 2003 |
14 | "A trampa" | 7 de xullo do 2007 | 3 de decembro do 2003 |
15 | "Ataque de risa" | 14 de xullo do 2007 | 10 de decembro do 2003 |
16 | "Claustrofobia" | 21 de xullo do 2007 | 17 de decembro do 2003 |
17 | "Amnesia" | 28 de xullo do 2007 | 24 de decembro do 2003 |
18 | "Melodía mortal" | 4 de agosto do 2007 | 31 de decembro do 2003 |
19 | "Fronteira" | 11 de agosto do 2007 | 7 de xaneiro do 2004 |
20 | "Os robots" | 18 de agosto do 2007 | 14 de xaneiro do 2004 |
21 | "Zona de gravidade cero" | 25 de agosto do 2007 | 21 de xaneiro do 2004 |
22 | "Rutina" | 1 de setembro do 2007 | 28 de xaneiro do 2004 |
23 | "Ataque subterráneo" | 8 de setembro do 2007 | 4 de febreiro do 2004 |
24 | "A canle oculta" | 15 de setembro do 2007 | 11 de febreiro do 2004 |
25 | "Código: Terra" | 22 de setembro do 2007 | 18 de febreiro do 2004 |
26 | "Intento frustrado" | 29 de setembro do 2007 | 25 de febreiro do 2004 |
# | Título | Data de emisión en Galicia | Data de emisión en Francia |
---|---|---|---|
1 (27) | "Nova orde" | Descoñecido | 31 de agosto do 2005 |
2 (28) | "Territorio inexplorado" | Descoñecido | 7 de setembro do 2005 |
3 (29) | "Exploración" | Descoñecido | 14 de setembro do 2005 |
4 (30) | "Un gran día" | Descoñecido | 21 de setembro do 2005 |
5 (31) | "O señor Pück" | Descoñecido | 28 de setembro do 2005 |
6 (32) | "O día de San Valentín" | Descoñecido | 5 de outubro do 2005 |
7 (33) | "Mestura final" | Descoñecido | 12 de outubro do 2005 |
8 (34) | "O elo perdido" | Descoñecido | 19 de outubro do 2005 |
9 (35) | "As cartas sobre a mesa" | Descoñecido | 26 de outubro do 2005 |
10 (36) | "Marabunta" | Descoñecido | 2 de novembro do 2005 |
11 (37) | "Intereses comúns" | Descoñecido | 9 de novembro do 2005 |
12 (38) | "Tentación" | Descoñecido | 7 de decembro do 2005 |
13 (39) | "Unha volta mala" | Descoñecido | 16 de novembro do 2005 |
14 (40) | "Ataque de zombies" | Descoñecido | 23 de novembro do 2005 |
15 (41) | "Ultimatum" | Descoñecido | 30 de novembro do 2005 |
16 (42) | "Unha boa lea" | Descoñecido | 14 de decembro do 2005 |
17 (43) | "O bico de XANA" | Descoñecido | 11 de xaneiro do 2006 |
18 (44) | "Vertixe" | Descoñecido | 11 de xaneiro do 2006 |
19 (45) | "Guerra fría" | Descoñecido | 18 de xaneiro do 2006 |
20 (46) | "Escenas repetidas" | Descoñecido | 18 de xaneiro do 2006 |
21 (47) | "En forma" | Descoñecido | 25 de xaneiro do 2006 |
22 (48) | "Anda alguén aí?" | Descoñecido | 25 de xaneiro do 2006 |
23 (49) | "Franz Hopper" | Descoñecido | 1 de febreiro do 2006 |
24 (50) | "Contacto" | Descoñecido | 1 de febreiro do 2006 |
25 (51) | "A revelación" | Descoñecido | 8 de febreiro do 2006 |
26 (52) | "A clave" | Descoñecido | 8 de febreiro do 2006 |
# | Título | Data de emisión en Galicia | Data de emisión en Francia |
---|---|---|---|
1 (53) | "Directo ao corazón" | Non estreado | 9 de setembro do 2006 |
2 (54) | "Lyoko menos un" | Non estreado | 16 de setembro do 2006 |
3 (55) | "A marea alta" | Non estreado | 23 de setembro do 2006 |
4 (56) | "Unha pista falsa" | Non estreado | 30 de setembro do 2006 |
5 (57) | "Memorias de Aelita" | Non estreado | 7 de outubro do 2006 |
6 (58) | "O pretendente" | Non estreado | 14 de outubro do 2006 |
7 (59) | "O segredo" | Non estreado | 21 de outubro do 2006 |
8 (60) | "Demencia temporal" | Non estreado | 1 de novembro do 2006 |
9 (61) | "Sabotaxe" | Non estreado | 2 de novembro do 2006 |
10 (62) | "A ninguén en particular" | Non estreado | 3 de novembro do 2006 |
11 (63) | "Problema triplo" | Non estreado | 6 de novembro do 2006 |
12 (64) | "Problema dobre" | Non estreado | 7 de novembro do 2006 |
13 (65) | "A batalla final" | Non estreado | 8 de novembro do 2006 |
# | Título | Data de emisión en Galicia | Data de emisión en Francia |
---|---|---|---|
1 (66) | "O regreso de William" | Non estreado | 13 de agosto do 2007 |
2 (67) | "Dous dobres" | Non estreado | 14 de agosto do 2007 |
3 (68) | "Acto de apertura" | Non estreado | 30 de agosto do 2007 |
4 (69) | "Sala de xogos" | Non estreado | 15 de agosto do 2007 |
5 (70) | "Skidbladnir" | Non estreado | 16 de agosto do 2007 |
6 (71) | "Primeira viaxe" | Non estreado | 17 de agosto do 2007 |
7 (72) | "Curso intensivo" | Non estreado | 20 de agosto do 2007 |
8 (73) | "Réplica" | Non estreado | 21 de agosto do 2007 |
9 (74) | "Prefiro non falar sobre isto" | Non estreado | 22 de agosto do 2007 |
10 (75) | "Choiva quente" | Non estreado | 23 de agosto do 2007 |
11 (76) | "O lago" | Non estreado | 24 de agosto do 2007 |
12 (77) | "Perdida no fondo do mar" | Non estreado | 27 de agosto do 2007 |
13 (78) | "O laboratorio" | Non estreado | 28 de agosto do 2007 |
14 (79) | "Dereito de gabar" | Non estreado | 29 de agosto do 2007 |
15 (80) | "Vida de can" | Non estreado | 29 de agosto do 2007 |
16 (81) | "Falta de boa vontade" | Non estreado | 30 de agosto do 2007 |
17 (82) | "Memorias distantes" | Non estreado | 30 de agosto do 2007 |
18 (83) | "Mala sorte" | Non estreado | 8 de setembro do 2007 |
19 (84) | "Mísil guiado" | Non estreado | 15 de setembro do 2007 |
20 (85) | "A fermosa de Kadic" | Non estreado | 22 de setembro do 2007 |
21 (86) | "Un can multiplicado" | Non estreado | 29 de setembro do 2007 |
22 (87) | "Unha odisea para Odd" | Non estreado | 6 de outubro do 2007 |
23 (88) | "Curmáns inimigos" | Non estreado | 13 de outubro do 2007 |
24 (89) | "Música que calma a besta salvaxe" | Non estreado | 20 de outubro do 2007 |
25 (90) | "Medusa" | Non estreado | 27 de outubro do 2007 |
26 (91) | "Mala cobertura" | Non estreado | 3 de novembro do 2007 |
27 (92) | "Suor fría" | Non estreado | 3 de novembro do 2007 |
28 (93) | "Regreso á Terra" | Non estreado | 3 de novembro do 2007 |
29 (94) | "Loitar ata o final" | Non estreado | 10 de novembro do 2007 |
30 (95) | "Ecos" | Non estreado | 10 de novembro do 2007 |
# | Título | Data de emisión en Galicia | Data de emisión en Francia |
---|---|---|---|
1 (96) | "XANA 2.0" | Non estreado | 5 de xaneiro do 2013 |
2 (97) | "Cortex" | Non estreado | 5 de xaneiro do 2013 |
3 (98) | "Espectromanía" | Non estreado | 5 de xaneiro do 2013 |
4 (99) | "Señora Einstein" | Non estreado | 19 de xaneiro do 2013 |
5 (100) | "Rivalidade" | Non estreado | 26 de xaneiro do 2013 |
6 (101) | "Sospeitas" | Non estreado | 2 de febreiro do 2013 |
7 (102) | "Conta atrás" | Non estreado | 9 de febreiro do 2013 |
8 (103) | "Virus" | Non estreado | 16 de febreiro do 2013 |
9 (104) | "Como enganar a XANA" | Non estreado | 23 de febreiro do 2013 |
10 (105) | "O espertar do guerreiro" | Non estreado | 2 de marzo do 2013 |
11 (106) | "Encontro" | Non estreado | 9 de marzo do 2013 |
12 (107) | "Caos en Kadic" | Non estreado | 16 de marzo do 2013 |
13 (108) | "Venres 13" | Non estreado | 23 de marzo do 2013 |
14 (109) | "Intruso" | Non estreado | 30 de marzo do 2013 |
15 (110) | "Sen códigos" | Non estreado | 6 de abril do 2013 |
16 (111) | "Confusión" | Non estreado | 13 de abril do 2013 |
17 (112) | "Unha carreira profesional asegurada" | Non estreado | 20 de abril do 2013 |
18 (113) | "Obstinación" | Non estreado | 27 de abril do 2013 |
19 (114) | "Trampa" | Non estreado | 5 de maio do 2013 |
20 (115) | "Espionaxe" | Non estreado | 13 de decembro do 2013 |
21 (116) | "Falsos dobres" | Non estreado | 14 de decembro do 2013 |
22 (117) | "Motín" | Non estreado | 15 de decembro do 2013 |
23 (118) | "O día malo de Jeremie" | Non estreado | 16 de decembro do 2013 |
24 (119) | "Paradoxo temporal" | Non estreado | 17 de decembro do 2013 |
25 (120) | "Masacre" | Non estreado | 18 de decembro do 2013 |
26 (121) | "Última misión" | Non estreado | 19 de decembro do 2013 |
Personaxe | Actor de dobraxe | Actor orixinal |
---|---|---|
Jeremie Belpois | Óscar Fernández | Sharon Mann |
Aelita Schaeffer | Ana Ouro | Sharon Mann |
Yumi Ishiyama | Montse Davila | Mirabelle Kirkland |
Ulrich Stern | Antón Ja | Barbara Scaff |
Odd Della Robbia | Chema Gagino | Matthew Géczy |
Elisabeth 'Sissi' Delmas | Teresa Santamaría | Jodi Forrest |
William Dunbar | Xerardo Couto | David Gasman |
Jim Morales | Matías Brea | David Gasman |
Herb Pichon | Matías Brea | David Gasman |
Nicolas Poliakov | Roberto Reboiro | Matthew Géczy |
Milly Solovier | Isabel Vallejo | Mirabelle Kirkland |
Tamiya Diop | Chelo Díaz | Barbara Scaff |
Hiroki Ishiyama | Teresa Santamaría | Barbara Scaff |
Suzanne Hertz | Isabel Vallejo | Jodi Forrest |
Jean-Pierre Delmas | Tuto Vázquez | Allan Wenger |
Franz Hopper | Xosé Manuel Rodríguez | Paul Bandey |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.