É unha árboreperennifolio que acada unha altura de 7–8 m, espiños axilares e agudos. Follas de 50-115 x 30–55mm, elípticas, cor verde escura brillante e recendentes, con pecíolo alado, ás obovadas. Flores bisexuais, en cimas axilares, brancas e moi recendentes (flor de laranxeira).[3] Pétalos carnosos e glandulares. Estames 20-24. Froito globoso, de 7 x 7,5cm, aplanados na base e o ápice; Pela cando madura, glandular e áspera. Eixo oco. Polpa amargo-aceda.[4]
Variedades
Citrus aurantium subsp. amara é unha árbore perenne espiñenta do sueste do Vietnam, amplamente cultivado. É moi usado como padrón doutras especies de Citrus.o seu froito úsase para a elaboración de marmeladas, licoresTriple sec e Curaçao. Destas laranxas, tamén se obtén por extracción óleo esencial, para aceite neroli. Das súas flores e por destilación obtense auga de flor de laranxeira un hidrosol.
Laranxeira de Sevilla (ou bigarade), da rexión mediterránea. Moi apreciada para marmelada, polo seu alto contido en pectina, dando mellor calidade e cantidade. Tamén en compotas, para saborizar con este licor o canard à l'orange (pato en mollo de laranxa).
Bergamota, C. aurantium subsp. bergamia cultivada en Italia para producir o aceite de bergamota, compoñente de moitas marcas de perfume e de té.
C. aurantium var. myrtifolia, chamada laranxeira moura en España e chinotto, en Italia. É nativo da China.
Daidai, C. aurantium var. daidai, usado en medicina tradicional chinesa e na celebración do Aninvo xaponés.
Citrus × aurantium é un dos padróns utilizados para especies cítricas de valor comercial. É resistente a calcaria, a condicións de asfixia radical e ás xeadas. Tamén ten unha resistencia media a condicións de salinidade no solo e á seca, isto último polo seu sistema radical profundo e medianamente ramificado.[5] En canto ás doenzas, a laranxeira amarga é tolerante a Phytophtora sp. e a Armillaria mellea, mais susceptíbel ao nematodoTylenchulus semipenetrans.[6] É ademais tolerante a exocorte, ao virus da psoríase dos cítricos e ao viroide da cachexia-xiloporose dos cítricos, porén susceptíbel ao virus da tristeza dos cítricos.[6]
O tamaño da froita dos cultivares enxertados sobre laranxeira amarga é algo menor que sobre limoeiro rugoso (Citrus × jambhiri), mais maior que sobre mandarineiro Cleopatra (Citrus × reshni). Tanto os sólidos solúbeis como a acidez titulábel do zume dos froitos obtidos sobre pé de laranxeira amarga son elevados. Esta característica, xunto coa súa tolerancia moderada a Phytophtora, fixo da laranxeira amarga o portaenxerto preferido en países tropicais onde o virus da tristeza dos cítricos non é un factor limitante.[5]
O extracto de laranxa amarga (e o seu zume) úsase en suplemento dietario, como axuda para control da obesidade e como un supresor do apetito, aínda que sen control profesional pode ser extremadamente perigoso. A laranxa amarga contén sinefrina máis coñecida como fenilefrina, un fármaco semellante á efedrina, mais que actúa só como estimulante adrenérxico (alfa) cun posíbel risco de choque isquémico e hipertensión.
Tamén se adoita utilizar con fins terapéuticos a fenilefrina en anticatarrais como vasoconstritor para o control das secrecións nasais.
O aceite esencial das flores é tranquilizante, hipnótico suave, espasmolílico.
O aceite esencial do pericarpo ten efecto antiespasmódico, lixeiramente sedante e hipnótico; os flavonoides confírenlle propiedades como vitamínico P (aumenta o ton das paredes venosas, reduce a permeabilidade e aumenta a resistencia capilar. Os principios amargos actúan como tónico, aperitivo, eupéptico e colagogo. A pectina é a parte branca entre a pela e a froita. Confírelle propiedades demulcentes e hipocolesterolemiantes. A pela de laranxa amarga, polo seu característico cheiro e sabor (amargo-aromático), constitúe un dos mellores correctores organolépticos, para enmascarar os cheiros e sabores desagradábeis doutras drogas.
Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
Pérez, A., M. Sousa Sánchez, A. M. Hanan-Alipi, F. Chiang Cabrera & P. Tenorio L. 2005. Vegetación terrestre. 65–110. In Biodivers. Tabasco. CONABIO-UNAM, México.
Perrier de la Bathie, H. 1950. Rutacees. Fl. Madagasc. 104: 1–85.
Schatz, G. E., S. Andriambololonera, Andrianarivelo, M. W. Callmander, Faranirina, P. P. Lowry, P. B. Phillipson, Rabarimanarivo, J. I. Raharilala, Rajaonary, Rakotonirina, R. H. Ramananjanahary, B. Ramandimbisoa, A. Randrianasolo, N Ravololomanana, Z. S. Rogers, C. M. Taylor & G. A. Wahlert. 2011. Catalogue of the Vascular Plants of Madagascar. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 0(0): 0–0.
Schulenberg, T. S. & K. Awbrey. 1997. A rapid assessment of the humid forests of South Central Chusquisaca, Bolivia. RAP Working Papers 8: 1–84.
Serrano, M. & J. Terán. 1998 [2000]. Identific. Esp. Veg. Chuquisaca 1–129. PLAFOR, Intercooperación, Fundación Ceibo, Sucre.
Small, J. K. 1933. Man. S.E. Fl. i–xxii, 1–1554. Published by the Author, Nova York.
Sousa Sánchez, M. & E. F. Cabrera Cano. 1983. Flora de Quintana Roo. Listados Floríst. México 2: 1–100.