Citharus linguatula é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos citáridos,[2] a única do xénero Citharus,[1][3] coñecida en galego como rapapelos bicudo e rascón bicudo.[4]

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Citharus linguatula
Rapapelos bicudo, rascón bicudo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Citharidae
Xénero: Citharus
Artedi, 1793 [1]
Especie: C. linguatula
Nome binomial
Citharus linguatula
(Linnaeus, 1758) [2]
Pechar

Taxonomía

Sinónimos

Ao longo do tempo, a especie foi coñecida, ademais de polo nome orixinario de Linneo, e polo actualmente válido, polos seguintes sinónimos:[2]

  • Citharus macrolepidotus (Bloch, 1787)
  • Pleuronectes citharus Spinola, 1807
  • Pleuronectes macrolepidotus Bloch, 1787
  • Pleuronectes patarachia Nardo, 1847

Etimoloxías

Xénero

Citharus é a forma masculiniza do latín clásico da voz citara -ae, "cítara", debido ao seu parecido á forma deste instrumento musical.

Especie

O nome específico, linguatula, é un diminutivo do latín científico do termo do latín clásico lingua, -ae,. "lingua".

Características

As principais características morfolóxicas desta especie son:[6][7][8]

  • Corpo ovalado, alongado e deprimido, de até os 30 cm de lonxitude como máximo (aínda que o tamaño medio dos espécimes capturados rolda os 15 cm), cuberto de escamas grandes e facilmente caedizas, en número dunhas 50 na liña lonxitudinal máxima.
  • O perfil superior da cabeza é cóncavo, e o fociño é lixeiramente máis longo que o diámetro do ollo. Ambos os ollos están no lado esquerdo (o superior un pouco máis avanzado que o inferior).
  • A boca é ancha e forma un ángulo de cerca de 45° co eixe do corpo. As mandíbulas son prominentes.
  • A aleta dorsal ten de 64 e 73 raios, dos cales os primeiros 3 ou 4 son simples e o resto, bífidos. Os primeiros 6 ou 8 insírense no lado cego.
  • Os raios das aletas anal, ventrais e caudal tamén son bífidos.
  • A coloración da cara pigmentada é areosa clara, translúcida, abrancazada ou agrisada. Normalmente hai unhas manchas pardas ou negras nas marxes do corpo cara ao final da as aletas dorsal e anal.

Hábitat, distribución e bioloxía

É un peixe mariño, demersal, que habita en augas subtropicais, na plataforma continental e no comezo do talude continental até os 300 m de profundidade (raramente, até os 200 m), sobre fondos areosos e lamacentos.[9]

Distribúese polas costas do Atlántico oriental, desde o mar Cantábrico até Angola (até os 23° S), e en todo o mar Mediterráneo.[9]

Aliméntase de pequenos peixes e crustáceos bentónicos.[9]

Pesca

Citharus linguatula é unha especie comestíbel, e péscase para consumo local nas áreas onde vive (Atlántico nororiental, centroorinetal e suroriental, e Mediterráneo),[4] xa que e a súa importancia económica é escasa.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.