Cidades
obra literaria de Fran Alonso From Wikipedia, the free encyclopedia
obra literaria de Fran Alonso From Wikipedia, the free encyclopedia
Cidades é un conxunto de 41 poemas escritos por Fran Alonso, publicado por Edicións Xerais de Galicia na Colección Merlín (1996) na primeira edición e na Colección Sopa de Libros (2013) na segunda edición. A obra foi finalista do certame Premio Lazarillo no ano 1996 e gañadora no ano 1997 ao mellor libro do ano dentro da categoría de literatura infantil e xuvenil no certame literario Premio Rañolas e asemade, dedicoúselle unha mención especial nos Premios da Crítica Galicia. É o primeiro libro de literatura infantil escrito polo autor.
Cidades | |
---|---|
Autor/a | Fran Alonso |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Merlín e Sopa de Libros |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1996 e 2013 |
Formato | Tapa branda |
Páxinas | 72 |
ISBN | ISBN 978-84-9914-191-6 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Como indica o título, o tema da obra é a cidade como obxecto de análise e reflexión; o autor leva a cabo esta a través dun ton lírico moi persoal e intimista co que intenta transmitir a súa experiencia nelas ao longo da súa traxectoria de vida (cidades nas que viviu durante a súa infancia e xuventude, que lle impactaron ben pola súa estética ou polas emocións -tanto positivas coma negativas- que estas lle produciron, que visitou...).
O autor quere facer ver ós lectores e lectoras que os lugares nos cales se vive, se visita ou se está non son simplemente un contexto sen máis, senón que poden ser un pretexto para analizar, pensar e cambiar - paramellor- a sociedade; non pretende que os receptores e receptoras lean a obra sen máis, se non que vexan a lectura literaria -poética- coma unha forma de aprendizaxe.
O estilo de autor sitúase no período literario que inclúe dende 1980 ata a actualidade, seguindo a data na cal foi nado. Este período literario caracterízase por acoller un abano de obxectos artísticos de natureza literaria ben variada que sobardan amplamente os convencionais lindes xenéricos, onde empeza a verse a literatura coma un medio de plasmar a propia versión da vida (Vilavedra,1999); dentro desta, inclúese o xénero de literatura infantil e xuvenil no cal destaca o autor da obra a analizar e polo cal foi premiado.
Cidades caracterízase por ser unha publicación moi innovadora á vez que intimista e persoal, pois o propio autor defínese nas notas da mesma coma "unha persoa creativa, imaxinativa, con moita iniciativa e sempre disposta a abordar novos retos" (páx. 61), aspecto que vén sendo demostrado en cada unha das pezas da obra, escritas -na súa gran maioría- en primeira persoa e cun versolibrismo abraiante, que mostra a creba do medo ás formas dun novo estilo literario.
Foi traducida ao castelán en dúas ocasións:
En 1998, a cargo do propio autor e mais Xoán Manuel Lago Lestón, publicada por Espasa Calpe na colección Espasa Juvenil.[1]
En 2018, traducida polo propio autor e publicada por Kalandraka.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.