From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Ray "Chuck" Norris, nado o 10 de marzo de 1940, máis coñecido no mundo do espectáculo como Chuck Norris, é un artista marcial e actor de películas de acción estadounidense.
Nado o 10 de marzo de 1940 en Ryan, Oklahoma, Norris é o maior de tres irmáns, un dos cales é o produtor de Hollywood Aaron Norris. Ámbolos dous pais de Norris son metade indios cherokee e metade irlandeses.
Cando Norris tiña 12 anos, os seus pais divorciáronse e foise vivir a California coa súa nai e os seus irmáns. Alí, rematou o instituto e pronto casou coa súa noiva, Diane Holechek. Despois do matrimonio, Norris enrolouse nas Forzas Aéreas dos Estados Unidos coma Policía Militar e enviárono a Corea do Sur. Foi en Corea do Sur onde Norris adquiriu o alcume Chuck e empezou o seu adestramento en Tang Soo Do.
Norris indicou na súa autobiografía que ten cintos negros en Tang Soo Do, Tae Kwon Do, e é fundador do Chun Kuk Do ("Camiño Universal"). Norris tamén practicou Judo, Shinto-Ryu Karate, e jujutsu brasileiro. Tamén fundou The United Fighting Arts Federation (UFAF).
Norris regresou os Estados Unidos en 1962, traballando para a corporación Northrop e abrindo unha escola de Karate, que contou con moitos estudantes famosos, incluíndo a Steve McQueen. En 1963 naceu o seu fillo Mike. Unha filla, Dina, naceu en 1964, e o seu segundo fillo, Eric en 1965. Nunha demostración en Long Beach en 1964, Norris coñece a Bruce Lee, con quen coincidiría logo na película O furor do dragón. Aínda que se lles considera amigos, non son amigos íntimos. Lee humillou repetidamente a Norris durante un combate de adestramento no vestíbulo dun hotel de Long Beach, durante os Campionatos Internacionais de Karate de 1964. E Norris ofendeu a Lee cando manifestou publicamente que era mellor loitador ca el. A réplica de Lee foi chamar a Norris e desafialo publicamente, tentando ir o ximnasio de Norris para loitar. Segundo testemuñas oculares, Lee fixo que Norris gritase en fronte dos seus alumnos "Bruce Lee é mellor loitador ca min!". Máis tarde Norris escribiu unha carta de desculpa para Lee. Despois deses conflitos, ambos os dous conseguiron apartar as súas diferenzas en favor das súas respectivas aspiracións cinematográficas, e desenvolver unha imaxe amigable para a súa relación.
En 1968, Norris converteuse en Campión de Karate do peso medio, e en 1969 gañou a tripla coroa de Karate, é o premio loitador do ano da revista Black Belt. Foi tamén en 1968 cando Norris debutou no cine, na película de Dean Martin La Mansión De Los Siete Placeres. A maior traxedia da vida de Norris ten lugar en 1970, o seu irmán mais novo morre en Vietnam. En 1972, actúa con Bruce Lee na película O furor do dragón, e en 1974, McQueen anímao a empezar clases de interpretación no MGM Studio.
O primeiro papel protagonista é en 1977 coa película Breaker! Breaker!, e outras películas como Duelo Final (1980), Golpe Por Golpe (1981), e McQuade, lobo solitario (1983) proban a súa rendibilidade. En 1984 Norris protagoniza Desaparecido en combate, a primeira dunha serie de películas sobre prisioneiros de guerra no Vietnam producida por Menahem Golan e Yoram Globus no seu selo Cannon Films. Durante os seguintes catro anos, Norris converteuse na estrela máis importante de Cannon, aparecendo en oito películas, incluíndo Código de silencio (1985), The Delta Force (1986) e Firewalker (1986), na que traballou co gañador dun Oscar da Academia Louis Gossett, Jr.
En 1988, despois de 30 anos de matrimonio, Norris e Holechek divórcianse.
En 1990, Norris funda a organización sen ánimo de lucro Kick Drugs Out of America. Rebautizada mais tarde co nome de KICKSTART.
O final dos anos 80 Cannon Films foi perdendo a súa fama, e Norris pareceu seguilo mesmo camiño. Fixo o seu papel de Delta Force para Metro Goldwin Meyer, que mercara os dereitos a Cannon despois da bancarrota desta. Norris fixo algunhas películas de baixo nivel que foron ignoradas polo público durante a súa transición a televisión. En 1993, comezou a serie Walker, Ranger de Texas, que se emitiu oito anos na CBS e que continúa sendo emitida noutras canles.
Casou novamente en 1998, coa antiga modelo Gena O'Kelley, que tivo xemelgos en 2001: Dakota Alan Norris, un neno, e Danilee Kelly Norris, unha nena.
O expresidente dos Estados Unidos George W. Bush manifestou que Norris é o seu actor favorito.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chuck Norris |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.