Cerefolio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cerefolio

O cerefolio[1] ou cerefollo (Anthriscus cerefolium) é unha especie do xénero Anthriscus emparentada co pirixel. É nativa do Cáucaso, pero foi diseminada por toda Europa polos romanos, onde se naturalizou.[2]

Thumb
Ilustración
Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Pechar

Características

Planta herbácea cultivada, de carácter anual, crece entre 40–70 cm de altura. Os talos son de 30 a 40 cm de alto, finos, ramosos, ocos e estriados. As follas son tripinnadas, recortadas en lóbulos lanceolados, e poden ser rizadas. As diminutas flores brancas forman pequenas umbelas de 2,5 a 5 cm de diámetro. O froito, de arredor de 1 cm de longo, é oblongo, cunha delgada crista en forma de pico,[2] estriado, e cando madura adquire unha cor negra.

A planta despide un aroma agradable.

Historia

Xa era coñecida por Plinio o Vello como cerefolium. O nome pode provir do grego anthos (flor) e rischos (sebe) polo lugar onde habita, ou ben de antherix (cana) pola forma do seu pistilo.[3]

Emprego

É unha planta que se emprega máis para uso culinario que medicinal. É diurética, aperitiva, tónica e estimulante. Pódese utilizar como substituto do pirixel.[3]

Indicacións: é carminativo, expectorante, diurético, aperitivo, tónico, estimulante, estomacal, antiescrofular. Afrodisíaco. Algúns autores sospeitan que pode producir dermatite de contacto e reaccións alérxicas como a febre dos feos. Ao recoller as follas tenras debe terse tino de non confundilas coas de Aethusa cynapium nin coas de Oenanthe crocata, de moi alta toxicidade.[3]

Outros usos: as follas secas úsanse como especias, e o seu sabor recorda unha mestura de anís e carvea, ou de anís e perexil. As sementes úsanse no norte de África como especia nos mesmos pratos que o coriandro. Tamén é usado como colorante amarelo.[3]

Thumb
Cerefolio preparado nunha ensalada

Taxonomía

Anthriscus cerefolium foi descrita por (Carl von Linné) Hoffm. e publicado en Genera Plantarum Umbelliferarum 41–42. 1814.[4]

Etimoloxía

cerefolium: epíteto latino que significa "follas de cera".[5]

Sinonimia
  • Anthriscus cerefolium var. longirostris (Bertol.) Cannon
  • Anthriscus cerefolium subsp. trichosperma Nyman
  • Anthriscus chaerophyllus St.-Lag.
  • Anthriscus longirostris Bertol.
  • Anthriscus sativa Besser
  • Anthriscus trachysperma Rchb. ex Nyman
  • Anthriscus trichosperma (Lam.) Spreng.
  • Cerefolium cerefolium (L.) Britton
  • Cerefolium sativum Besser
  • Cerefolium sylvestre Besser
  • Cerefolium trichospermum Besser
  • Chaerefolium cerefolium (L.) Schinz
  • Chaerefolium trichospermum (Schinz & Thell.) Stankov
  • Chaerophyllum cerefolium (L.) Crantz
  • Chaerophyllum nemorosum Lag. ex DC.
  • Chaerophyllum sativum Lam.
  • Scandix cerefolium L. basónimo
  • Scandix tenuifolia Salisb.[6]

Nome común

  • Galego: cerefolio, cerefollo, pirifol[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.