Castelo, Culleredo
parroquia civil do concello de Culleredo From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Culleredo From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Castelo[1] é unha parroquia localizada no sueste do concello de Culleredo, marcadamente rural. Segundo o IGE en 2016 tiña 280 habitantes (143 mulleres e 137 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 329 habitantes.
Castelo | |
---|---|
Hórreo en Vilaverde | |
Concello | Culleredo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′18″N 8°23′19″O |
Poboación | 264 hab. (2020)[2] |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Castelo sitúase ao carón do Monte Xalo (sendo a entrada a este cumio pola súa vertente de Culleredo) e do núcleo urbano do concello de Carral; ademais de lindar coa parroquia cullerdense de Celas de Peiro e tamén coa parroquia carralesa de Tabeaio.
As actividades económicas principais da parroquia son a agricultura e a gandería de autoabastecemento, minoritariamente representativas entre a poboación, traballando a meirande parte dos seus veciños fóra do lugar.
Castelo vén celebrando dúas festas patronais anuais, reunindo varias das características das festas patronais galegas: dianas e alboradas, misas solemnes, verbenas etc.
Lugares da parroquia de Castelo no concello de Culleredo | |
---|---|
Castelo de Abaixo | Castelo de Arriba | Donepedre | Folgueira | Vilaverde | Xalo | Xián |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.