Sésamo, Culleredo
parroquia civil do concello de Culleredo From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Culleredo From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
San Martiño de Sésamo[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Culleredo embaixo do monte de San Cosme e forma parte do Val de Veiga. Segundo o IGE en 2016 tiña 548 habitantes (290 homes e 258 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.
Sésamo | |
---|---|
Capela de San Cosme de Sésamo. | |
Concello | Culleredo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′18″N 8°23′19″O |
Poboación | 553 hab. (2020)[2] |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na actualidade é unha das parroquias mellor comunicadas pois alí converxen a saída da autovía e a terceira rolda.
A parroquia conta cunha escola infantil no lugar de Silvar, catro bares, un antigo campo de fútbol que era propiedade do cura e que doou ao pobo, posteriormente remodelado polo Concello que lle puxo pistas de fútbol e baloncesto, unha pista de área para o fútbol, novos vestiarios e unha pista para xogar ao paredón. Tamén está situado aquí o punto limpo.
A finais de xullo e principios de agosto é cando se abre a Ermida de San Cosme de Sésamo do século X. Alí celébranse as festas na honra da Virxe do Carme e os Santos Cosme e Damián.
Lugares da parroquia de Sésamo no concello de Culleredo | |
---|---|
O Casal | Cillobre | Cornedo | Nabeiras | Outeiro de Abaixo | Outeiro de Arriba | Silvar |