acidente xeográfico na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O monte Xalo é unha das zonas máis elevadas do litoral coruñés, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar.
O Xalo é un aranguelo[1] que se estende tres quilómetros en sentido leste-oeste, dende Carral ata A Laracha, polo límite entre os concellos de Culleredo e Cerceda. Está aliñado coas chamadas mesetas de Santa Comba e de Tordoia —das que queda ao nordeste[2]— e a súa vertente setentrional configúrase como un chanzo que salva o desnivel coas Mariñas da Coruña. Precisamente, dende O Petón —unhas rochas no máis alto do monte— pódese gozar dunha panorámica da comarca e albiscar lugares como a central elécrica de Sabón, o porto exterior da Coruña, o aeroporto de Alvedro ou a Torre de Hércules, alén de todo o val de Veiga, que está ao pé.
No monte hai varias rotas de sendeirismo sinalizadas. As pistas forestais empréganse para deportes como ciclismo de montaña e carreiras. No alto do Petón as rochas están equipadas para a práctica de escalada.
En 1950 o arqueólogo Luís Monteagudo atopou varias mámoas de gran tamaño, que foron destruídas ao longo dos anos posteriores, e en 1973 outras máis pequenas que aínda se conservan.[3]
Ademais do aproveitamento forestal que se está a a facer do monte, polas inmediacións do Xalo pasa un oleoduto cara a Cerceda e liñas eléctricas de alta tensión da subestación eléctrica das Travesas. No cumio tamén hai instaladas antenas de radio, televisión, telefonía móbil e telecomunicacións en xeral.
Existiu un proxecto para instalar un parque eólico de dez muíños e 45 megawatts[4] que sería o de maior potencia de Galicia. A proposta foi finalmente desbotada por Aena por comprometer a seguridade da aviación no aeroporto da Coruña[5].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.