Cantante e profesora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Carmen Penim é o nome artístico de Carmen Pérez Fernández, nada en Covas (Os Blancos) o 2 de setembro de 1965, é unha profesora, compositora, cantante, produtora e representante artística galega.[1] Formou con Maurizio Polsinelli o dúo 2naFronteira.
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1965 (59 anos) Covas, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Actividade | |
Ocupación | cantante, profesora, compositora |
Páxina web | carmenpenim.gal |
Pasou os seus primeiros anos na terra do pai en Meaus (Couto Mixto) na raia con Portugal. Tamén viviu nos Países Baixos nos primeiros anos. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en didáctica da lingua oral pola UNED. Estudou canto lírico en Italia tres anos e no 2011 empezou os seus estudos de canto lírico e jazz e de didáctica do canto.[2]
Entre 2007 e 2013 ocupou unha praza de ensino do español como lingua estranxeira en Italia. Foi profesora de Lingua Castelá no IES A Paralaia de Moaña de onde se trasladou ao IES María Soliño de Cangas. Impartiu cursos de técnica vocal para distintos sectores.[1]
É xuíza honoraria do Couto Mixto e forma parte do proxecto “Referentes galegas” de difusión de mulleres profesionais galegas de todos os ámbitos, que quere servir de difusión e ser referente para as nenas e mozas.[3] Está comprometida con causas como a igualdade, a loita contra a violencia de xénero e contra a ablación feminina, a memoria histórica, o veganismo e o ensino.[1] Colabora con AECC, GaliciaAme,[4] centros de día e residencias de persoas maiores.
O 14 de agosto do 2023 estreou o himno á Virxe do Xurés, na propia capela da virxe arraiana, obra que lle foi pedida polo historiador Xosé Lamela Bautista, quen lle facilitou textos da tradición oral do Xurés para que compuxese a música e lle puxese a voz.
2naFronteira é un dúo composto por Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli, o dúo creouse no 2008, cando ambos os dous inician a súa andaina xuntos en Italia, onde Carmen estaba a estudar canto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.