Carlos Solla Varela

escritor e etnógrafo galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Carlos Solla Varela

Carlos Solla Varela, tamén coñecido como Calros Solla, nado en Pontevedra o 2 de abril de 1971, é un filólogo, escritor e etnógrafo galego.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Carlos Solla Varela
Thumb
Biografía
Nacemento2 de abril de 1971 (53 anos)
Pontevedra, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónescritor
Xénero artísticoPoesía e ensaio
Premios

AELG: 345 Dialnet: 231067
Pechar

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e é profesor de Historia e Lingua Galega en Vigo.[2]

Foi membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido da Terra de Montes e do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca. É membro fundador do Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) e do colectivo Capitán Gosende.[3] Membro da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG.[4] Parte da súa obra poética está publicada en revistas como Verbo Xido, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna ou Arraianos. Participou no X e no XXIV Festival da Poesía no Condado, en 1990 e 2010. En 2010 gañou o Premio de poesía Johán Carballeira co poemario Lume de ollos en MazinGZ. En 2011 gañou o Premio de poesía Victoriano Taibo con Holocausto zacoe.

Dende a década dos noventa, orienta a súa actividade cultural na descuberta e valorización do patrimonio material e inmaterial do Concello de Cerdedo (colección de ensaios Cerdedo in the Voyager) e, en concreto, no estudo e promoción do monte do Seixo (Proxecto Montaña Máxica).[1] En 2009, escribiu e codirixiu o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica, baseado nas súas investigacións sobre a etnografía e a mitoloxía deste territorio.[5] Como investigador de campo, descubriu un cento de gravados rupestres na comarca pontevedresa de Terra de Montes.[6] En 2002 deu a coñecer a hoxe célebre Portalén (rocha que a tradición identifica como a entrada ao Máis Alá), situada no monte do Seixo (Pontevedra).[7][8][9] É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmiento (Cerdedo), de 2002, Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), de 2006, Roteiro da Pantalla de 2011, e Roteiro polo Pedre milenario de 2013. En 2012-13, comisariou a exposición "De rezos a conxuros" (colección particular de amuletos, talismáns e outros obxectos de poder da cultura tradicional) no Museo Etnográfico Liste, que foi visitada por preto de dez mil persoas.[10] En 2016, promoveu a creación do "Campo das Laudas" (Meilide-Cerdedo), monumento en memoria das vítimas da represión franquista en Cerdedo.[11]

É colaborador habitual do xornal Faro de Vigo e das webs Tabeirós-Montes, Historia de Galicia e Galicia Encantada. Mantén en Internet os blogs O Embigo do Becho e Cerdedo in the Voyager.[12]

Obra

Poesía

  • Xábregho (1999). Río Xuvia.
  • Mel de arañas (2000). Ediciones Cardeñoso.
  • Terras raras (2001). Madrid: Arte Tripharia.
  • Ras e tritongos (2003). Edicións Cardeñoso, antoloxía poética que inclúe as tres obras anteriores.
  • Cerdedo in the Voyager I (2004). Edicións Cardeñoso. Poesía visual. 2ª edición en Morgante, no 2010.
  • Libro de reclamacións (2005). Poesía visual.
  • Pan prós crocodilos (2010). Barbantesa.
  • MazinGZ (2011). Espiral Maior.
  • Holocausto zacoe (2011). Nova Galicia Edicións.
  • No coi da lúa. Poesía reunida (1990-2020) (2024). Morgante.
  • herba de vigo (2025). Morgante.

Ensaio, crónica e divulgación

  • Cerdedo. Materiais para o estudo da freguesía de San Xoán de Cerdedo. Inventario xeral (2002). Edicións Cardeñoso.
  • Cerdedo na obra do Padre Sarmiento (2002). Verbo Xido. 2ª edición en Morgante, 2009.
  • Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo (2005). Edicións Cardeñoso. 2ª edición en Morgante, 2010.
  • Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica (2007). Edicións Cardeñoso. 2ª edición en Morgante, 2011.
  • Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas (2008). Serpe Bichoca. 2ª edición en Morgante, 2021. 320 páxs. ISBN 978-84-15166-94-8 Obra editada en castelán en 2024. 3ª edición en Morgante, 2025.
  • Andar primeiro de río. Inmateriais do río dos Gafos (2009). Concello de Pontevedra.
  • Carta arqueolóxica do Concello de Cerdedo (2009). Morgante.
  • O ano que chimpamos o cacique. Crónica do agrarismo en Cerdedo (1916-1923) (2011). Morgante.
  • O vervo xido. A fala secreta dos canteiros de Cerdedo (2011). Morgante. 2ª edición.
  • O código da vincha. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo (2012) Morgante.
  • O crime de Pardesoa (2013). Morgante. 3ª edición. Obra editada en castelán en 2024.
  • As pedras da tribo. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo II (2014). Morgante.
  • O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970) (2014). Vaipolorío-Morgante. 3ª edición.
  • De rezos a conxuros. Amuletos, talismáns e pedras da fartura. Obxectos de poder da Galiza tradicional (2014). Museo Etnográfico Liste.
  • A conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III (2015). Morgante.
  • Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo (2016). Morgante.
  • Ao saimento de nós. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo IV (2017). Morgante.
  • O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de Cerdedo (2017). Morgante. 2ª edición. Obra editada en castelán en 2024.
  • A vaga dos pratiños voantes. O fenómeno ovni na prensa galega (1947-1950) (2020). Morgante. Obra editada en castelán en 2024.
  • O Embigo do Becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V (2021). Morgante.
  • Crónica da Galiza bizarra (2021). Morgante. 304 páxs. ISBN 978-84-19040-01-5. Obra editada en castelán en 2024.
  • O pote do ouro. Novas de tesouros na Galiza (2022). Morgante. 296 páxs. ISBN 978-84-19040-04-6. Obra editada en castelán en 2024.
  • O Campo das Laudas. Alcouve da Memoria en Cerdedo (2022). Morgante. 480 páxs.
  • Auga mol en pedra dura. Inmobiliario etnográfico do río dos Gafos (2023). Vaipolorío-Morgante. 623 páxs.
  • É ruín porque o fan. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo VI (2024). Morgante. 386 páxs.

Narrativa

  • O demo asubiador. A maxia rebuldeira do Aninovo (2014). Vaipolorío-Concello de Pontevedra.
  • A gran mortaldade (2019). Morgante. Obra editada en castelán en 2024.
  • Os espellos do pasado. A lenda dourada do Gafos (2019). Vaipolorío-Morgante.
  • Soidades do alfabeto. Criptoetnografía (2024). Morgante.

Retrónicas, aforismos

  • reGaliza e outras chuches (2008). Edicións Cardeñoso. 2ª edición en Edicións Barbantesa, 2013. Contén o Libro de reclamacións (2005).
  • O orgullo do gurgullo (2012). Morgante.

Edicións

  • Cantares de Manuela de Barro. Achegas ao cantigueiro de Cerdedo (2008). 2ª edición en Morgante, 2009. 3ª edición revisada e ampliada no 2012, na mesma editora.
  • Obra reunida, de Santiago Gómez Tato (2021). Morgante.
  • O mestre de Quiroza, de Xosé Varela Buela (2021). Morgante.
  • Saberes de María da Vrea. Tradición oral da freguesía de Folgoso (Cerdedo) (2025). Morgante.

Documentais

  • Monte do Seixo. A Montaña Máxica (guión e codirección) (2009). Serpe Bichoca.

Obras colectivas

  • X Festival de Poesía no Condado, 1990, S. C. D. Condado.
  • Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa, 2000, VTP Editorial.
  • Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia, 2005, Eneida.
  • Poesía contemporánea: Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
  • Pontevedra literaria, 2007, Concello de Pontevedra.
  • Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
  • Polos camiños de Cangas. 25 anos do certame de poesía María Soliño, 2010, Morgante.
  • XXIV Festival da Poesía no Condado, 2010, S. C. D. Condado.
  • Dairas, 2011, IES M. García Barros (A Estrada).
  • Poema río dos Gafos, 2012, Vaipolorío-Concello de Pontevedra.
  • Pedigree, 2013, IES M. García Barros (A Estrada).
  • O demo asubiador, 2014, Vaipolorío-Concello de Pontevedra.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
  • Amuletos e reliquias. Usos e crenzas. Actas da VII Xornada de Literatura de Tradición Oral, 2015, AELG.
  • De Compostela ao Pico Sacro. Alba de Gloria 2011-2021, O Galo-Vagalumes, 2022, Compostela.
  • Alguén que respira! Ecopoesía contra o cambio climático, VI Festival de Poesía para Corpo Principal, 2023, Concello de Compostela.

Premios

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.