Pedre, Cerdedo-Cotobade
parroquia civil do concello de Cerdedo-Cotobade From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Cerdedo-Cotobade From Wikipedia, the free encyclopedia
Santo Estevo de Pedre é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o INE, en 2010 tiña 215 habitantes (115 mulleres e 105 homes), 5 máis có ano anterior e 24 máis ca en 2005.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Pedre | |
---|---|
Igrexa de Santo Estevo de Pedre. | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°31′47″N 8°26′05″O |
Área | 4,3 km² |
Poboación | 140 hab. (2019) |
Densidade | 32,56 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pedre é unha terra de canteiros e un dos máis destacados foi Tiburcio Álvarez, nado a principios do século XVIII. Álvarez traballou na igrexa de Pedre no ano 1767. Xunto cos seus veciños Pedro Bugallo pai e fillo, fixo as escaleiras dos coros alto e baixo así como o enlousado da igrexa.
A igrexa de Santo Estevo de Pedre é anterior ao século XVII. No adro, fronte á igrexa, hai un relevo de estilo gótico que data dos séculos XV e XVI, representando a Crucifixión e a Adoración dos Reis Magos, que probablemente estaba situado na fachada da igrexa.
No lugar de Quinteiro de Salgueiro está a chamada Casa Grande que foi feita na época da Inquisición e data do ano 1600.
Formando parte do antigo camiño de peregrinos atópase unha ponte de tres arcos.
Na Eira Grande pódense ver oito canastros, a maioría de dous claros, e algún deles pertencen a dous veciños ou máis. Na mesma eira hai outra máis pequena chamada a Eira do Pallal, onde se xuntaban os veciños para mallar o centeo, con cinco canastros, todos restaurados.
En Vichocuntín hai unha ponte dun arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, construída a mediados do século XIX como parte da estrada entre Pontevedra e Ourense. Na aldea hai tamén un peto de ánimas cun cruceiro.
En Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo.
Na parroquia de Pedre, entre os lugares de Vichocuntín e Pedre, botouse fóra da estrada un autubús de pasaxeiros na Noiteboa de 2022, deixando tres mortos e catro desaparecidos (accidente da ponte nova de Pedre).
Lugares da parroquia de Pedre no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Pedre | Serrapio | Vichocuntín |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.