futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Doncel Ordóñez, nado en Cabrera de Mar o 4 de decembro de 1996 é un futbolista español que xoga de centrocampista no Ceuta, da Primeira División RFEF.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1996 (27 anos) Cabrera de Mar, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Nacido no concello catalán de Cabrera de Mar, formouse na canteira do CF Damm, de Barcelona, co que xogou na División de Honra Xuvenil. En xullo de 2015 fichou polo Lleida Esportiu, da Segunda División B, pasando a formar parte inicialmente do seu equipo filial da Primeira Catalá.[1] Xogou 46 partidos co primeiro equipo nas dúas tempadas que permaneceu no club, e anotou tres goles.
En agosto de 2017 fichou polo RCD Espanyol B, da Terceira División.[2] Na súa primeira tempada no filial espanyolista, logrou o ascenso á Segunda B e, con 9 goles, foi o segundo máximo goleador do equipo, por detrás de Javi Puado. Xa na Segunda B, contribuíu con 6 goles en 34 partidos, rematando o equipo no quinto posto da táboa, a un só punto da promoción de ascenso.
En xullo de 2019 fichou por outro filial, o Real Valladolid Promesas, da Terceira División, co que asinou un contrato por tres anos.[3] Co equipo castelán disputou 29 partidos, nos que anotou 6 goles, e disputou a fase de ascenso a Segunda División.
Na tempada 2020/21 saíu, cedido á SD Ponferradina, da Segunda División.[4] Debutou como profesional co equipo do Bierzo na primeira xornada de liga, nunha derrota por 1-2 contra o Castellón no Toralín, anotando o gol do seu equipo.[5] Foi o seu único gol co equipo adestrado por Bolo, co que xogou un total de 37 encontros, obtendo a oitava praza final.
En agosto de 2021, rescindiu o seu contrato co Valladolid e asinou un contrato de dous anos co Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[6][7] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, no primeiro encontro da tempada 2021/22 contra o Celta B en Riazor. Entrou nos minutos finais como substituto de Quiles, e no primeiro balón que tocou, anotou o cuarto dos cinco goles do seu equipo (5-0).[8] Disputou un total de 21 encontros ao longo da tempada, aínda que só 6 deles como titular, e marcou un segundo gol nun partido da Copa do Rei contra Osasuna. Ao remate da campaña o seu contrato co club coruñés foi rescindido e puxo rumbo á Rioxa, onde fichou como novo xogador da UD Logroñés.[9]
Participou en tódolos partidos da tempada do Logroñés (41) e marcou catro goles, pero o equipo non puido evitar o descenso. Para seguinte campaña asinou co Ceuta, da mesma categoría.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.