Unión Deportiva Logroñés
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unión Deportiva Logroñés é un club de fútbol español da cidade de Logroño, na Rioxa. Foi fundado o 24 de xuño de 2009,[1] tras cambiarlle o nome ao Club Deportivo Varea,[2] e na actualidade xoga na Segunda División.
Logroñés | |||
---|---|---|---|
Nome | Unión Deportiva Logroñés | ||
Fundación | 24 de xuño de 2009 (15 anos) | ||
Estadio | Las Gaunas, Logroño, España | ||
Inauguración | 28 de febreiro de 2002 | ||
Capacidade | 16.000 | ||
Presidente | Félix Revuelta | ||
Adestrador | Sergio Rodríguez | ||
Liga | Segunda División | ||
2019–20 | 1º (2ªB – Grupo 2) | ||
Na rede | |||
http://www.uniondeportivalogroñes.es/ | |||
| |||
Historia
O club foi inscrito o 24 de xuño de 2009, tras cambiarlle o nome ao Club Deportivo Varea, que o 31 de maio de 2009 conseguira o ascenso a Segunda División B.
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta branquivermella, pantalón negro e medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón branco e medias brancas.
- Terceiro uniforme: Camiseta arlequinada branca e azul, pantalón branco e medias azuis.
Estadio
- Artigo principal: Estadio Las Gaunas.
O Estadio Municipal Las Gaunas é o estadio de fútbol onde xoga os seus partidos a Unión Deportiva Logroñés. Está situado ao sur de Logroño xunto ao Palacio dos Deportes da Rioxa.
Foi inaugurado o 28 de febreiro de 2002 cun partido amigable entre o Club Deportivo Logroñés e o Deportivo Alavés. Ten capacidade para 16.000 espectadores e as dimensións do terreo de xogo son de 104 × 66 metros. Os asentos son de cor branca e vermella e forman a inscrición Gaunas.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 1 (incluída a 2020/21)
- Tempadas en 2ªB: 11
- Tempadas en 3ª: 0
- Mellor posto na liga: 1º (2ªB, tempada 2019/20)
Historial na liga
Xogadores
Cadro actual
|
|
Palmarés
Non gañou ata o momento ningún torneo.
Filial
- Artigo principal: Unión Deportiva Logroñés B.
O UD Logroñés conta cun filial, o Unión Deportiva Logroñés B, no Grupo XV de Terceira División. Foi fundado en 2009.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.