Mario Gibanel

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Mario Gibanel Raluy, nado en Binéfar o 27 de agosto de 1975, é un exfutbolista e adestrador español. Como futbolista xogaba de mediocentro e ao longo dos seus máis de 20 anos de carreira, disputou máis de 600 partidos, 228 deles na Segunda División. Dende a súa retirada traballa como adestrador asistente, sendo integrante habitual nos corpos técnicos de Imanol Idiakez.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Mario Gibanel
Nome orixinalMario Gibanel Raluy
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1975 (49 anos)
Binéfar, España
Altura1,85 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Período de actividade1991 -
Deportefútbol
Posición de xogoMediocentro
Traxectoria
  Equipo
Club Deportivo Binéfar
Pechar

Traxectoria

Como futbolista

Comezou a súa carreira como futbolista no Binéfar da súa vila natal, debutando co primeiro equipo na Segunda División B con só 16 anos. Con 17 anos chegou ao Deportivo Aragón, filial do Zaragoza no que militou dúas tempadas. Non conseguiu consolidarse e en 1995 regresou ao Binéfar,[1] onde xogou dous anos cunha breve cesión ao Huesca en 1996.[2] Na tempada 1997/98 vestiu a camiseta do Mallorca B, sendo titular indiscutible e logrando o ascenso a Segunda. Repetiu éxito na seguinte campaña, nas filas do Levante, cando o equipo se proclamou campión do Grupo III e ascendeu na promoción. Na tempada 1999/00 Gibanel debutou na categoría de prata, na primeira xornada ante o Logroñés nas Gaunas, onde sufriu unha lesión que o afastou durante meses dos terreos de xogo.

No mercado invernal do ano 2000 saíu cara ao Terrassa, no que militou durante os seguintes catro anos e medio. Na tempada 2001/02 conseguiu o terceiro ascenso á Segunda División da súa carreira, e durante os seguintes sete anos militou na segunda categoría do fútbol español, nas filas do propio Terrassa, do Ciudad de Murcia, do Granada 74 e do Nàstic de Tarragona.[3] Acumulou 228 partidos en Segunda, nos que marcou 19 goles.

A continuación xogou dúas campañas na UD Logroñés, antes de regresar en 2011 ao Binéfar, da Terceira División. Con todo, na campaña 2012/13 volveu saír para xogar co San Sebastián de los Reyes unha última campaña na Segunda División B,[4] categoría na que sumou un total de 251 partidos e 27 goles. Tralo descenso do equipo madrileño, xogou unha campaña máis no club antes de volver con 39 anos ao Binéfar,[5] ao que capitaneou ata que colgou as botas definitivamente.

Como adestrador

Na tempada 2015/16 traballou por primeira vez con Imanol Idiakez, exercendo como segundo adestrador deste no Lleida, da Segunda División B.[6] Despois dun tempo traballando como observador para a canteira do Atlético de Madrid, en xuño de 2018 volveu con Idiakez para dirixir o Real Zaragoza, na Segunda División, ata que o corpo técnico foi cesado en outubro.[7] En 2019 acompañou o técnico vasco a Chipre, onde colleron as rendas do AEK Larnaca.

En abril de 2021 chegou á Cultural Leonesa para reforzar o corpo técnico, como asistente do irmán de Imanol Idiakez, Iñigo.[8] Na campaña 2021/22 foi segundo adestrador de José Juan Romero no Eldense.[9]

Para a tempada 2022/23 regresou con Imanol para traballar no Leganés.[10] No verán de 2023 Idiakez foi elixido como novo adestrador do Deportivo da Coruña, na Primeira División RFEF, e o técnico levou de novo consigo a Gibanel.[11]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.