From Wikipedia, the free encyclopedia
A carcinoloxía, dos elementos carcino- e -loxía, do grego καρκινο-, de καρκίνοσ karkínos, "cangrexo" (e tamén "cácer") e -λογια, de λόγοσ logos, "palabra", "explicación", "tatado", é a rama da zooloxía que estuda aos crustáceos.
Debido ao duplo significado que en grego ten a palabra καρκίνοσ, carcinoloxía é tamén o nome da especialidade da medicina que estuda os cancros ou tumores malignos.
Por iso algúns[quen?] prefiren usar o pouco estendido termo malacostracoloxía, de malaco-, tirado do grego μαλακο-, de μαλακός malakós, "brando" e -loxía (etimoloxía pouco afortunada, pero que se usa en malacostráceos (Malacostraca), nome do grupo que comprende os crustáceos máis coñecidos) e que, por inapropiado, non debe confundirse con malacoloxía, ou parte da zooloxía que estuda os moluscos, animais "de corpo brando"·
Un biólogo que traballa en carcinoloxía é un carcinólogo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carcinoloxía |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.