Remove ads
entomólogo francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Félix Édouard Guérin-Méneville, tamén coñecido como Félix Édouard Guérin, nado o 12 de outubro de 1799 en Toulon, e finado o 26 de xaneiro de 1874 en París, foi un entomólogo francés.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1799 Toulon, Francia |
Morte | 26 de xaneiro de 1874 (74 anos) París, Francia |
President of the Société protectrice des animaux (S.P.A.) (en) | |
1867 – 1867 ← Louis-Auguste Bourguin (en) – Pierre Baltazar (en) → | |
President of the Société entomologique de France (en) | |
1846 – 1846 | |
Actividade | |
Campo de traballo | Entomoloxía |
Ocupación | zoólogo, ictiólogo, ornitólogo, lepidopterólogo, entomólogo, carcinólogo, Enciclopedista |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Guérin-Méneville |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Guérin-Méneville cambiou o seu apellido, anteriormene Guérin, en 1836. Foi o autor da obra ilustrada Iconographie du Règne Animal de G. Cuvier, un complemento ao traballo dos zoólogos Georges Cuvier e Pierre André Latreille, Le Règne Animal, na que ilustrou só unha selección dos animais descritos.[1] Cuvier quedou moi contento con este traballo, do que dixo que sería moi útil para os lectores, e que as ilustracións eran «tan precisas como elegantes».[2]
Desde 1822 a 1825 foi un dos científicos que participaron na expedición de Louis Isidore Duperrey a bordo de La Coquille. Durante esta viaxe ao redor do mundo, describiu e debuxou numerosos insectos.
De 1833 a 1838 publicou, con Achille Rémy Percheron, Genera des Insectes, incompleto, e desde 1833 a 1840, con Gaspard Joseph Martin Saint-Ange, o Traité élémentaire d'histoire naturelle... (2 volumes).
Foi o introdutor dos vermes da seda en Francia, para que puideran criarse para a produción de seda.[1]
Guérin-Méneville fundou varias revistas científicas:
Foi o editor do Dictionnaire Pittoresque d'Histoire Naturelle, publicado en París entre 1836 e 1839.
Guérin-Méneville foi elixido presidente da Société Entomologique de France o ano 1846.
Ademais da citada, foi membro das sociedades cieníficas Académie d'agriculture de France, Société des sciences naturelles de la Charente-Maritime, Société d'agriculture de La Rochelle, Académie des belles-lettres, sciences et arts de La Rochelle e da Academia das Ciencias de Turín.
(Ver lista completa en Félix Édouard Guérin-Méneville. Publications)
A Guérin-Méneville dedicáronselle os nomes científicos de ducias de xéneros e especies de insectos e outros organismos, incluída polo menos unha serpente.
A abreviatura Guérin-Méneville emprégase para recoñecer a Félix Édouard Guérin-Méneville como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.