mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Camilo Saco López, nado en Ousende (O Saviñao) cara en 1903 e finado en 1995, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Ousende, España |
Morte | 1995 (91/92 anos) valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Familia | |
Irmáns | Cesáreo Saco |
Ingresou canda o seu irmán Cesáreo no Seminario Menor de Monterroso. En 1919 pasaron ao Seminario Maior de Lugo onde fixeron catro anos de estudos eclesiásticos. Cara a 1923 deixaron o Seminario e pasaron a estudar o Bacharelato no Instituto de Lugo. Foi vogal da Organización Republicana Lucense en 1931 e presidente do Grupo Galeguista de Monforte de Lemos en 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 20 de xullo e encarcerado, xunto ao seu irmán Cesáreo no cárcere de Lugo. Foron xulgados por rebelión na causa 176/36 e condenados a cadea perpetua. O 20 de marzo de 1937 foron trasladados ao cárcere da Coruña onde desenvolveron un intenso labor pedagóxico entre os presos. Posto en liberdade o 2 de xullo de 1940. Foi apresado en Madrid en 1946, xunto co seu irmán Cesáreo e Ramón Piñeiro, e encerrado no cárcere de Alcalá de Henares, no que permaneceu ata 1948. Despois foi mestre en Monforte de Lemos.
Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como número 5 na candidatura de Unidade Galega á alcaldía de Monforte,[1] pero non foi elixido concelleiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.