Calidris acuminata
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Calidris acuminata é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.
Calidris acuminata | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Camiñando na auga en Nova Gales do Sur
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Calidris acuminata Horsfield, 1821 | |||||||||||||||||
Área de distribución de Calidris acuminata Vermello: área de cría, Amarelo: migrante, Azul: área non reprodutora, Verde: divagante | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1821 polo médico e naturalista estadounidense Thomas Horsfield, baixo o nome de Totanus acuminatus,[2][3] na páxina 192 do seu traballo publiado en Trans. Linn. Soc. London 1 (13).[2]
Para a do xénero, ver Calidris.
O epíteto específico, acuminata, está tirado do adxectivo latino acūminātus, -a, -um, derivado do nome acūmen, -inis, "punta (da espada)", lanza, estilete,[4][5] seguramente en alusión ao seu estreito bico rematado en punta.
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
Medidas:[6]
Os adultos reprodutores son de cor marrón cos centros das plumas máis escuros por riba e brancos por abaixo. Teñen unha lixeira liña superciliar por riba do ollo e unha coroa de castaña. No inverno, grises arriba. Os xuvenís teñen un debuxo brillante na parte superior con cor avermellada e raias brancas no lombo.
Esta especie parécese moito a Calidris melanotos, dentro de cuxa área de distribución asiática cría. Diferénciase desta especie polo seu patrón de coloración no peito, a liña superciliar máis forte e a coroa máis avermellada. Ten tamén algunhas semellanzas con Calidris subminuta, pero é moito máis grande.
Calidris acuminata cría na tundra pantanosa do nordeste asiático e é extraordinariamente migratoria, invernando no sueste asiático e Australasia. Aparece como un raro migrante de outono en Norteamérica, pero no oeste de Europa só aparece como un divagante moi raro. Hai un único rexistro documentado en América do Sur.[7]
Pouco se sabe dos hábitos reprodutivos desta especie, aínda que aniña no chan, e o macho ten un voo de exhibición.
Estas aves aliméntanse en prados e lameiros, como o Calidris melanotos, collendo alimentos coa vista, e ás veces sondeando. Comen principalmente insectos e outros invertebrados.
Na súa área de invernada en Australia, a principal ameaza é a seca (Clemens 2017), cuxa frecuencia e gravidade se prevé que aumenten a medida que o clima cambie (polo actual cambio climático).[8] Noutros lugares, as principais ameazas son os cambios nas costas, en particular ao longo do mar Amarelo, onde se está producindo un rápido desenvolvemento da acuicultura e da industria, a invasión de Sporobolus alterniflorus (Loisel.) [antes, Spartina alterniflora Loisel.], unha gramínea perenne caducifolia que se acha en áreas inundadas intermareais, especialmente estuarios e lagoas salobres), a contaminación por verquidos domésticos, industriais e acuícolas, petróleo e pesticidas, e a caza e o afogamento incidental de espécimes en redes de pesca e nasas. A área do seu hábitat tamén se está reducindo debido a unha combinación de fluxo restrinxido de sedimentos procedentes de ríos cada vez máis embalsados,[9][10] e o aumento do nivel do mar en moitos sitios que impiden a migración do hábitat axeitado cara ao interior. Non se sabe ben como xestionar estas ameazas, mentres que hai limitados intentos de implementar o coñecemento de xestión dispoñible. A China tivo unha gran recuperación a principios de 2018, e a creación de santuarios de aves migratorias ao longo da costa do mar Amarelo e do golfo de Bohai como Patrimonio da Humanidade da UNESCO,[11] debería reducir algúns riscos, aínda que os principais obstáculos políticos, sociais e económicos permanecen.
Segundo datos tirados de Australia, estímase que esta especie está a sufrir un rápido descenso de poboación (aproximadamente do 45 % durante tres xeracións) debido á degradación do hábitat, á contaminación e ao cambio climático. Polo tanto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía o status sa especie como VU (vulnerable).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.