From Wikipedia, the free encyclopedia
A calcitonina é unha hormona peptídica de 32 aminoácidos producida nos humanos principalmente polas células parafoliculares (tamén chamadas células C) da glándula tiroide, e en moitos outros animais no corpo ultimobranquial. Actúa reducindo o calcio (Ca2+) sanguíneo, opoñéndose aos efectos da hormona paratiroide (PTH).[1] A calcitonina está presente en moitos vertebrados e foi atopada en peixes, réptiles, aves, e mamíferos. Pertence á familia das proteínas similares á calcitonina (calcitonina/CGRP/amilina).
A calcitonina é unha hormona polipeptídicoa de 32 aminoácidos, cun peso molecular de 3454,93 daltons. A súa estrutura comprende unha soa hélice alfa.[2] O splicing alternativo do xene que codifica a calcitonina produce un péptido relacionado de 37 aminoácidos, chamado péptido relacionado do xene da calcitonina (CGRP), tipo beta.[3]
As seguintes son as secuencias de aminoácidos das calcitoninas de salmón e humana:[4]
Comparada coa do salmón, a humana ten 16 residuos de aminoácidos diferentes.
A calcitonina fórmase pola rotura proteolítica dun prepropéptido máis grande, o cal é o produto do xene CALC1. O xene CALC1 pertence a unha superfamilia de precursores de hormonas proteicas relacionados, entre os que están a amilina (ou polipéptido amiloide dos illotes), o péptido relacionado co xene da calcitonina, e o precursor da adrenomedulina.
A secreción da calcitonina é estimulada por:
A hormona participa no metabolismo do calcio (Ca2+) e fósforo. De diversos modos, a calcitonina contrarresta os efectos da hormona paratiroide (PTH).
Máis especificamente, a calcitonina fai diminuír a concentración de Ca2+ no sangue de tres xeitos:
Coas súas accións preservadoras dos ósos, a calcitonina protexe contra a perda de calcio no esqueleto durante os períodos de mobilización do calcio, como a gravidez e, especialmente, a lactación.
Aínda que a calcitonina se opón á PTH nestas accións, non é diferente á PTH no seu efecto sobre a reabsorción de electrólitos nos riles. Concretamente, a calcitonina:
Outros efectos son a prevención da hipercalcemia posprandial (de despois das comidas) resultado da absorción de Ca2+. Tamén, a calcitonina inhibe o consumo de alimentos en ratas e monos, e pode ter un efecto sobre o sistema nervioso central no que regula a alimentación e o apetito.
O receptor da calcitonina, atopado nos osteoclastos,[10] e nos riles e zonas do cerebro, é un receptor acoplado á proteína G, que se asocia pola súa subunidade Gs á adenilato ciclase e, por tanto, xera AMP cíclico nas células diana. Pode tamén afectar aos ovarios e aos testículos.
A calcitonina foi purificada en 1962 por D. H. Copp e B. Cheney.[11] Inicialmente foi considerada unha secreción da glándula paratiroide, pero despois foi identificada como unha secreción das células parafoliculares da glándula tiroide.[12]
A calcitonina que se usa en tratamentos médicos era extraída das glándulas ultimobranquiais (similares ás tiroides) dos peixes, fundamentalmente do salmón. A calcitonina de salmón parécese á humana, pero é máis activa. Actualmente, prodúcese tamén pola tecnoloxía do ADN recombinante ou por síntese de péptidos química. Está demostrado que as propiedades farmacolóxicas dos péptidos sintéticos e recombinantes son cuantitativa e cualitativamente equivalentes.[13]
A calcitonina de salmón utilízase no tratamento de:
Foi investigada como un posible tratamento da estenose espiñal lumbar [15].
Ademais, a calcitonina oral podería ter un efecto protector na artrose, xa que actúa directamente sobre os osteoclastos, inhibindo a reabsorción ósea, e directamente sobre os condrocitos, atenuando a degradación da cartilaxe e estimulando a formación de cartilaxe.[16]
Tamén se suxeriu o seu uso no tratamento da manía e o trastorno bipolar.[17]
Pode utilizarse a calcitonina con propósitos diagnósticos como un marcador de tumores de cáncer de tiroide medular, no cal poden presentarse altos índices de calcitonina, e niveis elevados desta hormona poden indicar recorrencia do cáncer. Pode utilizarse tamén en biopsias de tecidos sospeitosos (por exemplo, nódulos linfáticos inchados) para establecer se son metástases do cáncer orixinal.[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.