suborde de insectos carnívoros From Wikipedia, the free encyclopedia
As libélulas son uns insectos carnívoros que pertencen á orde dos odonatos (Odonata). Esta orde inclúe, entre outras especies, as libélulas[1] e cabalos do demo.[2]
Libélulas Rango fósil: Triásico - actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar macho da libélula Aeshna cyanea. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subordes, Superfamilias e Familias | |||||||||||
|
O grupo apareceu na Terra durante o Triásico.
As características distintivas das libélulas son as seguintes:
Este grupo ten unha distribución mundial e ten preferencia por hábitats nas inmediacións de cursos de auga estancada (pozas ou lagos temporais), zonas pantanosas ou preto de ribeiras e regatos.
As libélulas son predadoras, alimentándose doutros insectos, como mosquitos e moscas. As larvas de libélula (no estadio de ninfa) son acuáticas, carnívoras e extremadamente agresivas, e poden alimentarse non só de insectos senón tamén de peixes xuvenís.
Non teñen a capacidade de picar, porque as súas mandíbulas están adaptadas á mastigación. Dentro do seu ecosistema, son bastante útiles no control das poboacións de mosquitos e das súas outras presas, prestando así un servizo importante ao ser humano.
As libélulas adultas cazan baseándose no seu sentido da visión, extremadamente agudo.
O grupo xurdiu no Triásico,[3] sendo bastante abundantes no período Carbonífero, e conserva ata hoxe as mesmas características xerais. As maiores libélulas de sempre pertencen ao xénero Meganeura, que floreceu no Permiano e podían atinxir envergaduras de 70 a 75 cm.
A orde foi descrita en 1793 polo naturalista, entomólogo e economista danés Johan Christian Fabricius (1745-1808).[4]
Fabricius cuñou o termo Odonata unindo o elemento odon-, derivado da palabra do grego antigo οδούς, οδόντoς odoús, odontos, "dente", coa forma sufixa do latín científico -ata, indicando substantivo neutro plural, porque aparentemente estes animais teñen dentes nas súas mandíbulas (aínda que a maioría dos insectos tamén teñen mandíbulas dentadas).[5][6]
Libélula vén do latín libellula, palabra coa que os antigos romanos designaban a estes animais. A palabra é un diminutivo de libella, "o nivel da balanza" que, á súa vez, é un diminutivo de libra, "balanza" (e tamén o nome da unidade de peso equivalente a 12 onzas). Segundo parece, estes insectos deben o seu nome á súa capacidade de permaneceren suspendidos e equilibrados no aire. O termo foi introducido na sistemática no século XVIII, cando Linneo creou o xénero Libellula na 10ª edición do seu Systema Naturae (1758).[7]
Orde Odonata
Os entomólogos galegos empregan diferentes nomes para distinguir os membros das distintas familias, entre eles:
Cabaliños, candís, donceliñas, emperadores, esmeraldas, gaiteiros, gaiteiriños, lavacús, libélulas (para os anisópteros), libeliñas, patexas, quitaollos e tizóns.[8][9][10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.