From Wikipedia, the free encyclopedia
A célula animal é de tipo eucariota, é dicir, ten núcleo e unha estrutura complexa con orgánulos membranosos. Está limitada, como ocorre en todas as células, pola membrana plasmática, pero esta non está rodeada por unha cuberta ríxida protectora como é a parede celular de celulosa das células vexetais, a de quitina dos fungos ou a de peptidoglicano das bacterias. No lugar da parede moitas células animais teñen un glicocálix de material extracelular brando.
A ausencia de parede fai que as células animais sexan en xeral de formas máis suaves e redondeadas que as vexetais, que tenden a ser máis prismáticas. Ademais a célula pode deformarse máis facilmente e nalgúns casos as células animais poden cambiar de forma emitindo prolongacións como pseudópodos, por exemplo nos glóbulos brancos do sangue, e poden realizar a fagocitose. Outras veces as prolongacións da membrana son permanentes, como no caso das microvilosidades das células intestinais ou as invaxinacións profundas dalgunhas células renais. A membrana é moi importante na célula animal, xa que contén numerosos receptores para hormonas e outras moléculas, ten antíxenos, contén canles iónicas e pode despolarizarse xerando potenciais de acción, e presenta unións intercelulares, que unen ou comunican coas células veciñas (nas plantas a comunicación que hai entre células é por medio de plasmodesmos).
No citoplasma hai algún orgánulo característico da célula animal, como é o centríolo, que está ausente na célula vexetal, aínda que pode aparecer en moitos fungos. O centríolo organiza o citoesqueleto e orixina as raíces de cilios e flaxelos. Ao contrario, carecen dun orgánulo tipicamente vexetal como o cloroplasto, onde as plantas fan a fotosíntese (ou outro tipo de plastidios con funcións de almacenamento). Xeralmente aparece en parellas (diplosoma) situadas perpendicularmente e rodeado de material pericentriolar ; o conxunto de todo isto denomínase centrosoma.
As células animais poden ter vacúolos, pero xeralmente son de pequeno tamaño e normalmente trátase de vacúolos fagocíticos. En comparación, a célula vexetal ten vacúolos enormes; ás veces un só moi grande (vacúolo central) que pode ocupar o 90% do volume celular, ou varios vacúolos cada un bastante grande. O gran tamaño do vacúolo explica que as células vexetais sexan signifcativamente máis grandes que as células animais como media ; non hai moi grandes diferenzas en volume entre elas se excluímos o gran vacúolo.[1]
Algunhas células animais teñen cilios ou flaxelos, que teñen na súa raíz unha estrutura parecida a un centríolo. As células das plantas carecen normalmente de flaxelos, que só se poden atopar en gametos como os anterozoides de musgos e fentos. Os flaxelos bacterianos son completamente distintos dos eucariotas, tanto no seu talo como nas súas raíces ou composición bioquímica.
O citoesqueleto animal consta de microtúbulos, microfilamentos de actina e, en moitas especies, filamentos intermedios.[2][3][4] As plantas teñen tamén citoesqueleto formado polos dous primeiros compoñentes (carecen de filamentos intermedios).
Animais e plantas teñen peroxisomas, que son orgánulos oxidativos,[5] pero as plantas teñen un peroxisoma especial chamado glioxisoma cun metabolismo especializado, do cal carecen as células animais.
Para un exame detallado das partes da célula ver célula e célula eucariota.
A célula animal ten as características típicas da célula eucariota, cuxos compoñentes se resumen na táboa, onde tamén se indican as estruturas características peculiares da célula animal.
Célula animal típica | Célula vexetal típica | |
---|---|---|
Estruturas básicas comúns |
|
|
Orgánulos comúns |
| |
Estruturas diferentes |
|
|
Célula animal típica | Célula vexetal típica |
---|---|
2. Núcleo (con nucléolo [1]) |
2. Vacúolo central (con cloroplasto [g])
k. r. Vesículas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.