Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O anterozoide é a célula sexual (ou gameto) masculino das plantas, mais tamén das algas, nos casos en que existe heterogamia[1]
O termo provén de antera, o órgano reprodutor masculino das plantas con flor, responsábel da produción dos grans de pole. Nestas plantas, os anterozoides son transportados até aos óvulos, encerrados en grans de pole, polo fenómeno designado como polinización. De feito, a flor é unha adaptación das plantas á vida en terra seca e consiste, esencialmente, na protección dos anterozoides en grans de pole, cuxa función é guiar os anterozoides até aos óvulos.
As plantas sen flor, pola súa parte, son dependentes de lugares húmidos para poderen realizar a fecundación. Debido á alternancia de xeracións, os gametófitos responsábeis da produción dos gametos precisan dun ambiente húmido que facilite a locomoción dos anterozoides.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.