Bustrófedon
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cualifícase de bustrófedon (do grego βουστροφηδόν bustrophêdón, de βοῦς bũs «boi» e στροφή strophế «acción de xirar»; en grego a palabra é un adverbio, pero en galego adáptase como substantivo) o trazado dun sistema de escritura que muda alternativamente de sentido de liña en liña, ao xeito dun boi ao arar os sulcos no campo, de dereita a esquerda e logo de esquerda a dereita. Moitas veces, o ductus das letras invértese ao cambiar de sentido; por exemplo, a letra Є trazada de esquerda a dereita volveríase Э de dereita a esquerda.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2025.) |
Escribíronse en bustrófedon principalmente estadios antigos de escritura que despois se fixaron nun sentido preciso: o grego, por exemplo, ao principio escribiuse de dereita a esquerda, como o fenicio de onde xurdiu, logo en bustrófedon e finalmente de esquerda a dereita. O paso polo bustrófedon marca, pois, unha dúbida. O alfabeto etrusco funciona ás veces así. As taboíñas rongo-rongo da Illa de Pascua están escritas en bustrófedon inverso: lese a primeira liña da esquerda cara á dereita, logo faise virar a taboíña 180°, lese igualmente a segunda liña da esquerda cara á dereita, e así sempre.
Exemplo de texto grego arcaico en bustrófedon
Inscrición de Sigeion, circa 550-540 antes da nosa era (British Museum, número de inventario BM GR 1816.6-10.107) :
Nota bene: a inscrición preséntase en dous alfabetos e dialectos: xónico e despois ático (co alfabeto epicórico local); o exemplo dado so recolle o texto escrito en xónico (de onde o emprego de η onde o ático tería ᾱ), coas letras actuais e non as do documento orixinal. En efecto, ao datar este de antes da reforma de -403 (adopción dun alfabeto oficial lixeiramente diferente dos usos locais), non segue tampouco a ortografía clásica: ο, por exemplo, serve para notar a vogal /ọ̄/ (longo e pechado), que despois se transcribirá ου (Φανοδίκο = Φανοδίκου etc.).
O texto epigráfico significa: «Eu son [a estela] de Fanódico, [fillo] de Hermócrates, [fillo] de Proconeso, e el deu aos Sixeenses unha vasilla para o viño co seu soporte así como un pasador, [depositados] no pritaneo».
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bustrófedon ![]() |
Bibliografía
- "bustrófedon". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.