Brooks Sales

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Brooks Sales

Brooks Sales, nado o 15 de febreiro de 1980 en Bloomfield, Connecticut, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado na Universidade de Villanova, xogou nas principais ligas de Europa, así como na Euroliga e a ULEB Cup. Xogaba na posición de pivota cunha altura de 2,08 metros. É irmán de Nykesha Sales , unha coñecida xogadora de baloncesto.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Brooks Sales
Thumb
(2011)
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1980 (44 anos)
Bloomfield, Estados Unidos de América (en)
EducaciónUniversidade Villanova (pt)
Altura208 cm
Peso109 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA
Posición de xogoPivote
Traxectoria
  Equipo
1998–2002 Villanova Wildcats men's basketball
Familia
IrmánsNykesha Sales
Pechar

Traxectoria

Brooks Sales formouse na universidade de Villanova,[1] o último ano ás ordes do adestrador Jay Wright. Ao rematar a súa andaina na NCAA xogaría o campus de verano da NBA cos Indiana Pacers e os Memphis Grizzlies. Posteriormente comezaría a súa andaina en asinando contrato co Pallacanestro Biella da Lega Basket Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, con medias durante dous anos de 11 puntos e 7 rebotes por encontro.

En 2004 volvería a xogar nas ligas de verán da NBA, esta vez con Orlando Magic e San Antonio Spurs, e posteriormente co campus de veteranos do Houston Rockets Ao ano seguinte asinaría co Teramo Basket da mesma competición, onde melloraría os seus números até ser o cuarto mellor xogador da liga en valoración e o segundo máximo reboteador. O seu bo rendemento en Italia o ano anterior serviríalle para asinar en 2005 co Pau Orthez da LNB francesa, co que xogaría tamén na Euroliga, competición na que fixo preto de 10 puntos e 6 rebotes por encontro.

Ao ano seguinte continuaría a xogar en competicións europeas, esta vez da man do turco Beşiktaş. Ao rematar a liga turca, xogaría o final da liga e os playoffs da liga portuguesa co Benfica. Posteriormente regresaría de novo a Italia, esta vez ao Udine, para posteriormente marchar á Ligat ha'Al, principal competición do baloncesto israelí. Alí xogaría un primeiro ano co Maccabi Haifa e o segundo co Ironi Ashkelon. Na tempada 2010-11 xogaría co Atomerőmű de Hungría, onde fixo unha media de 18,5 puntos e 10 rebotes. En 2011 converteríase na última fichaxe do Club Baloncesto Breogán para pechar o seu cadro de xogadores 2011−2012. Tras finalizar a temporada, Sales retirouse do baloncesto como xogador.

Equipos

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.