From Wikipedia, the free encyclopedia
Boreidae (boreidos) é unha familia moi pequena de insectos mecópteros, que só contén unhas 30 especies, todas as cales son boreais ou son especies de montaña do hemisferio norte.
Son insectos pequenos (normalmente de 6 mm ou menos), coas ás reducidas a sedas ou ausentes, e de corpo algo comprimido, lembrando pulgas. Normalmente están activos durante os meses de inverno, cara á transición á primavera e as larvas e adultos aliméntanse xeralmente de musgos. Os adultos dispérsanse a miúdo entre as áreas reprodutoras camiñando entre a neve. Os machos usan as súas ás con forma de sedas para agarrar a femia polo dorso durante o apareamento, mentres que as ás das femias son vestixiais como pequenas almofadas ovais e incapaces de servir para voar. Os adultos teñen un longo rostro formado polo clípeo, o labro, as xenas, e os maxilo-labios.
A temperatura corporal e, por tanto, o nivel de actividade destes insectos depende da súa absorción de radiación de lonxitude de onda curta máis que da tempertura do aire que os rodea (a cal non os afecta). A capa fronteiriza de neve que ocupa o insecto ten unha condutancia térmica moi baixa, polo que o insecto perde a súa propia calor moi lentamente alí. Este delicado equilibrio entre o frío e a calor significa que o animal pode morrer facilmente pola calor cando se mantén sobre unha man humana.[1]
Algúns estudos propuxeron que os parentes máis próximos deste grupo son as pulgas (Siphonaptera), o que faría que Mecoptera fose parafilético. Isto foi discutido por outros estudos, que atoparon que os Nannochoristidae son os que están máis próximos ás pulgas.[2]
En 2020 non estaba claro se os Mecoptera forman un só clado ou se os Siphonaptera (pulgas) están dentro deste clado, así que os tradicionais "Mecoptera" son un grupo parafilético. Porén, a suxestión inicial de que os Siphonaptera son irmáns dos Boreidae[3][4][5] non se sostén. As dúas árbores posibles son as que se mostran abaixo:[6]
(a) Mecoptera é parafilético, Boreidae é un grupo irmán de (Nannochoristidae + Siphonaptera):[6]
Antliophora |
| ||||||||||||||||||||||||
(b) Mecoptera é monofilético, Boreidae é irmán de Pistillifera:[6]
Antliophora |
| ||||||||||||||||||
Esta lista está adaptada da World Checklist of extant Mecoptera species,[7] e estaba completa en 1997. O número de especies de cada xénero indícase entre paréntses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.