xénero de fungos From Wikipedia, the free encyclopedia
Os boletos[1] ou andoas[2] son cogomelos do xénero Boletus , que inclúe máis de 100 especies. Este xénero foi definido e descrito orixinalmente por Elias Magnus Fries en 1821, agrupando a todos os fungos que presentan himenio con poros. Posteriormente foron definíndose outros xéneros cuxas especies incluían esta característica, como Tylopilus, descrito por Petter Adolf Karsten en 1881. Así mesmo, readoptáronse ou redefiníronse xéneros xa en desuso, coma Leccinum. Moitas veces o termo boleto emprégase para dar nome a todos os cogomelos comestíbeis da división Basidiomycota[3] e Ascomycota. Mentres os cogomelos velenosos son coñecidos coma pans de becha ou cacaforras.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde xaneiro de 2018.) |
Boletos (xénero Boletus) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Boletus edulis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Diversidade | |||||||||||||
máis de 100 especies (véxase no texto) |
Algunhas das especies que outrora se clasificaban neste taxon foron posteriormente situadas noutros xéneros, como ocorre coas especies Leccinum scabrum, Tylopilus felleus, Chalciporus piperatus ou Suillus luteus (Andoa anelada).
O nome do xénero deriva do latín bōlētus, "cogomelo", e do grego antigo βωλιτης,[4] que provén á súa vez de bōlos/βωλος, "vulto" "morea" ou "fato".[5] Galeno de Pérgamo (130-200) mencionaba nos seus escritos aos βωλιτης, aínda que se pensa que facía referencia á apreciada raíña (Amanita caesarea), que non está ligada co xénero Boletus.[6]
O nome galego andoa é de orixe escura, mais pode vir do éuscaro onddo (boleto).
Moitas especies do xénero Boletus son comestíbeis e apreciados en gastronomía, sendo a máis coñecida Boletus edulis. Tamén son apañados para o consumo os cogomelos de andoa escura (B. badius), B. aereus e outras especies. Outras, coma B. calopus, teñen sabor amargo ou desagradábel e non se consideran fungos comestíbeis.
Algunhas guías de fungos recomendan evitar todos os Boletus que presentan poros avermellados, porén, B. erythropus e B. luridus son comestíbeis logo de seren convenientemente cociñados.
A inxesta de cogomelos velenosos a miúdo produce síntomas gastrointestinais. No xénero Boletus illouse unha glicoproteína citotóxica chamada bolesatina. En 2007, atopouse un compoñente semellante —chamado, en inglés, bolevenine—, na especie velenosa Boletus venenatus, da China.[7] Téñense documentado mortes por inxesta de Boletus pulcherrimus. En 1994, unha parella desenvolveu síntomas gastrointestinais despois de comer cogomelos desta especie, faleciendo o home. A autopsia revelou infarto intestinal.[8] O boleto de Satanás (Boletus satanas) tamén ten má fama coma fungo velenoso, aínda que non se coñecen casos de morte por mor do seu consumo. Illouse tamén muscarina nalgunhas especies, aínda que a súa cantidade é farmacoloxicamente insignificante e só causa síntomas menores.
A listaxe a seguir recolle algunhas das especies de andoas (Boletus), cunha guía tentativa de toxicidade e apetibilidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.