Bill Fivaz

From Wikipedia, the free encyclopedia

William F. "Bill" Fivaz, nado en Fulton, Nova York, o 26 de febreiro de 1934, é un escritor numismático estadounidense.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Bill Fivaz
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1934
Fulton, Nova York.
Estados Unidos
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónHamilton Gollege, Nova York.
Actividade
OcupaciónAutor numismático.
Familia
CónxuxeMarilyn Briggs (1956).
Pechar

Traxectoria

Fivaz naceu na localidade de Fulton, situada na área metropolitana de Syracuse, no condado de Onondaga, Nova York, e cursou os seus estudos universitarios no Hamilton College, de Clinton, Nova York,[1] na especialidade de Belas Artes.[2]

Logo da súa graduación ingresou na Mariña dos Estados Unidos, onde permaneceu ata 1959. Ese ano ingresou na compañía Nestlé, onde desenvolveu toda a súa carreira profesional ata a súa xubilación en 1996, co cargo de director rexional de vendas en Atlanta a partir de 1975.[1][2]

Como coleccionista de moedas desde 1950, o interese de Vizaz centrouse nos erros e nas variantes de cuñaxe, aspecto que tamén o ocupou como investigador e autor numismático.[3] En 2003 vendeu a práctica totalidade das pezas da súa colección.[2]

É autor de máis dunha ducia de libros sobre numismática e coleccionismo de moedas, e é particularmente coñecido como coautor de The Cherrypickers' Guide to Rare Die Varieties ("Guía Cherrypicker de variedades de cuño raras"), publicado por primeira vez en 1990 e reeditado posteriormente en diversas ocasións.[4] Outras das súas publicacións destacadas son Helpful Hints For Enjoying Coin Collecting ("Consellos útiles para gozar co coleccionismo de moedas"), de 1999,[5] United States Gold Counterfeit Detection Guide ("Guía de detección de falsificacións de ouro dos EEUU"), de 2005,[6] e Managing & Settling a Numismatic Estate ("Xestión e disposición dun patrimonio numismático"), escrita xunto con Beth Deisher e David S. Lande e editada pola American Numismatic Association.[7]

Entre outras sociedades eruditas e asociacións, Fivaz é membro da Rittenhouse Society e da American Numismatic Association, a cuxa xunta de goberno pertenceu entre 1985 a 1989. Tamén foi presidente do Club de Coleccionistas de Erros Numismáticos de América.[1][3]

Entre 2004 e 2009, foi membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos.[1][3]

En 2021, Fivaz foi incluído na listaxe das persoas máis influentes da numismática nos Estados Unidos no período 1960-2020, publicada pola revista Coin World.[1][3]

Vida persoal

Fivaz casou en 1956 con Marilyn Briggs, con quen tivo dous fillos.[1]

Recoñecementos

Estes son algúns dos premios máis salientables dos que Bill Fivaz foi merecedor ao longo da súa carreira:[1]

  • 1982: Nomeado Embaixador Numismático pola revista Numismatic News.
  • 1984 e 1989: Medalla ao mérito da American Numismatic Association (ANA). [8]
  • 1987: Premio Lyndon King, da Combined Organization of Numismatic Error Collectors of America (CONECA).[9]

Premio Bill Fivaz

En 1989, a Combined Organization of Numismatic Error Collectors of America (CONECA) institiuíu na súa honra o Premio Bill Fivaz ao mellor numismático xuvenil do ano, que se concedeu, cunha relativa continuidade, ata 2003. Estes son os autores recoñecidos co Premio Bill Fivaz:[12]

  • 1989: Paul D'Arcy e Greg Lyon.
  • 1992: Phil Nordin.
  • 1993: Vicken Yeparian.
  • 1995: Rien Thum.
  • 1996: Akio Lis.
  • 1997: Steven Roach.
  • 1998: David Shapiro.
  • 1999: Steven Roach.
  • 2000: David Shapiro.
  • 2001: Cherylin Izuo.
  • 2002: Jon Sullivan.
  • 2003: Jeffray Swindling.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.