xornalista e editora numismática estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Beth Deisher (chamada orixinalmente Elizabeth Hurdle),[1] nada en Carolina do Norte o 29 de abril de 1946, é unha xornalista, autora e editora numismática estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril 1946 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Carolina do Norte. |
Q89547790 | Editora de Coin World. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Familia | |
Cónxuxe | Arthur Deisher. |
Premios | |
Véxase a sección "Recoñecementos". |
Bethe Deisher cursou os seus estudos superiores na Universidade de Carolina do Norte en Greensboro,[2] onde se graduou en 1968 en Lingua Inglesa e en Literatura inglesa e estadounidense.[3]
Comezou a súa carreira profesional no xornal Star Ledger de Norfolk, Virxinia, entre 1969 e 1972.[2] Posteriormente foi redactora de VEA News, editado pola Asociación de Educación de Virxinia, así como doutras publicacións de Virxinia, como The Virginia Journal of Education ou The Sidney Daily News,[4] e o Sidney Daily News de Sidney, Ohio.[5][3]
En marzo 1981 incorporouse como editora de noticias á revista numismática Coin World, da que en 1984 foi nomeada editora executiva. Poucos meses despois, o 1 de marzo de 1985, accedeu ao cargo de editora desta publicación, en substitución de Margo Russell, que mantivo ata a súa xubilación en 2012.[3][4][6] Un dos retos que asumiu con éxito durante este período foi o da dixitalización da publicación.[5] Na súa etapa como editora de Coin World foi testemuña, en 1995, do nacemento do programa de cuñaxe das 50 moedas de medio dólar conmemorativas de cada estado dos EEUU.[7] Outra das súas achegas como editora foi o nacemento dun suplemento da revista titulado Coin World's Coin Values, que se publicou ata 2012.[8]
O ano seguinte á súa xubilación comezou a publicar en Coin World unha columna periódica baixo o título de From the Memory Bank ("Desde o banco da memoria").[4][9]
Dentro do seu labor como editora, Deisher foi fundadora de tres revistas numismáticas: Coin Values, Paper Money Values e Worldwide Coins, e tamén foi editora ou autora de varios libros sobre materia numismática.[3][5]
Entre 2017 e 2019 Deisher dirixiu a Anti-Counterfeiting Educational Foundation (ACEF), unha fundación dedicada á loita contra as falsificacións.[3][4][5][10]
Entre outras entidades de carácter asociativo e profesional, Deisher foi membro activo da Federación Nacional de Mulleres Xornalistas e da Sociedade de Xornalistas Profesionais, e presidiu entre 2006 e 2008 a Asociación de Escritores Profesionais de Ohio.[3]
Estas son algunhas das monografías máis salientables das publicadas por Beth Deisher ao longo da súa carreira:[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.