Bilirrubina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A bilirrubina é un pigmento biliar de cor amarela alaranxada que resulta da degradación do grupo hemo da hemoglobina. Dita degradación prodúcese no bazo. Máis tarde a bilirrubina conxúgase no fígado. Estes pigmentos almacénanse na vesícula biliar formando parte da bile (que logo é excretada cara ao duodeno, o que dá a cor ás feces).
Bilirrubina | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 635-65-4 |
PubChem | 5280352 |
ChemSpider | 4444055 |
UNII | RFM9X3LJ49 |
ChEBI | CHEBI:16990 |
ChEMBL | CHEMBL501680 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C33H36N4O6 |
Masa molar | 584,66 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Esta biomolécula fórmase cando o eritrocito desaparece do aparello circulatorio, pola súa extrema fraxilidade, aproximadamente cando alcanzou a plenitude da súa vida (duns 100 a 120 días). A súa membrana celular rompe e a hemoglobina liberada é fagocitada polos macrófagos tisulares do organismo, sobre todo os macrófagos do bazo, fígado e medula ósea. Nesta degradación da hemoglobina, sepáranse, por unha banda, a molécula de globina e, por outra, o grupo hemo.
A hemo-oxigenasa degrada o grupo hemo nos macrófagos, abrindo o anel tetrapirrólico nunha molécula lineal, e dando como resultado ferro libre (oxídase o Fe2+ a Fe3+), e unha cadea de 4 aneis pirrólicos, a que será o substrato de formación da bilirrubina. Durante as horas ou os días seguintes os macrófagos liberan o ferro da hemoglobina que será transportado pola transferrina ata a medula ósea (para formar novos eritrocitos), ou almacenado no fígado e outros tecidos en forma de ferritina para situacións de necesidade.
Os macrófagos dos tecidos transforman a porfirina da hemoglobina en bilirrubina que viaxa unida á albumina sérica (proteína transportadora) polo torrente sanguíneo ao fígado, onde se separan, e a bilirrubina se secreta pola bile (por iso a cor amarela-verdosa da bile) e degrádase.
Cando o nivel de bilirrubina no sangue aumenta (valores normais de 0,3 a 1 mg/dl), acumúlase nos tecidos, sobre todo aqueles con maior número de fibras elásticas (padal, conxuntiva). Se é maior de 2 a 2,5 mg/dl, obsérvase unha coloración amarelada da pel e mucosa, un fenómeno coñecido como ictericia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.