From Wikipedia, the free encyclopedia
Benjamin Rush, nado o 4 de xaneiro de 1746 e finado o 19 de abril de 1813, foi un médico, cirurxián e político estadounidense. Foi un dos asinantes da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América. Foi un líder na comunidade de Filadelfia, e tamén foi un pioneiro da psiquiatría nos EUA, reformador social, humanista e educador. Fundou o Dickinson College e foi profesor de medicina e química na Universidade de Pensilvania. Rush tamén foi o cirurxián xeral (Surgeon General) do Exército Continental.[1] [2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1746 Byberry (América británica) |
Morte | 19 de abril de 1813 (67 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Tifo |
Lugar de sepultura | Christ Church Burial Ground (en) |
Educación | Universidade de Princeton Universidade de Edimburgo West Nottingham Academy (en) |
Director de tese | John Redman (pt) , Joseph Black e William Cullen (pt) |
Actividade | |
Ocupación | químico, médico, profesor universitario, psiquiatra, escritor, político |
Empregador | Universidade de Pensilvania |
Membro de | |
Profesores | Samuel Finley (en) , Joseph Black e William Cullen (pt) |
Obra | |
Doutorando | James Woodhouse (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Julia Stockton Rush |
Fillos | Richard Rush |
Irmáns | Jacob Rush |
Premios | |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Rush, Benjamin) The New Student's Reference Work (en) , (sec:Rush, Benjamin) Encyclopædia Britannica |
Rush naceu e creceu en Filadelfia, e foi á universidade no College of New Jersey (agora Princeton University). Recibiu formación médica en Europa e obtivo un título pola Universidade de Edimburgo. Rush volveu ás colonias americanas. Converteuse en profesor no College of Philadelphia (agora Universidade de Pensilvania). Rush tiña unha práctica médica e rescatou a American Philosophical Society.[3] Entre as súas publicacións destaca o primeiro libro de texto estadounidense de Química.[4]
Rush foi alguén moi activo politicamente. Formou parte dos Fillos da Liberdade (Sons of Liberty), aconsellou a Thomas Paine, quen escribiu Common Sense. Asinou a Declaración de Independencia e representou a Filadelfia na Convención constitucional.[5]
Rush tamén axudou como médico nas batallas da Guerra de Independencia dos Estados Unidos. Rush deu unhas instrucións para manter os soldados sans, e o exército estadounidense utilizou estas directrices até 1908.[6] Porén, tamén entrou en polémicas. Rush enviou dúas cartas criticando a George Washington. Rush escribiu que os exércitos estaban desordenados baixo o mando de Washington. Rush dimitiu en 1778 e máis tarde lamentou as súas cartas.[4]
Despois da Guerra Revolucionaria, Rush traballou no Hospital de Pensilvania. Foi o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos de 1797 a 1813. Converteuse en membro da Academia Americana de Artes e Ciencias en 1788.[7] Rush volveu á Universidade de Pensilvania como profesor de Medicina, e tivo como alumno a William Henry Harrison. En 1773 fundou o Dickinson College. Durante a epidemia de febre amarela de Filadelfia de 1793 estivo atendendo pacientes. Tamén foi un dos fundadores da Pennsylvania Prison Society.[8] Rush preparou a Meriwether Lewis para a parte médica da expedición de Lewis e Clark.[9]
Rush foi un reformador en moitos aspectos. Opúxose á escravitude, falando publicamente contra o tráfico de escravos e argumentaba que os afroamericanos e os europeos e americanos de orixe europea eran iguais.[10] Tamén se opuxo á pena de morte / pena capital. Cría que o castigo dos criminais debería ser privado e sostiña que a pena de morte ía en contra da razón e da felicidade.[11] Rush tamén foi un pioneiro do feminismo, apoiou a educación das mulleres, fundou a Young Ladies' Academy of Philadelphia e contribuír aos ideais da Republican Motherood.[12]
A Medicina nos séculos XVIII e XIX non estaba moi avanzada, e Benjamin Rush apoiou a medicina heroica. Isto incluía cousas como a flebotomía (hoxe sábese que é perigoso)[13] e houbo xente que o criticou por iso.
Tamén escribiu informes de casos sobre enfermidades infecciosas como o dengue[14] e cría que a negrura era unha condición ou doenza da pel curable (hoxe tamén demostrado falso, como moitos outros prexuízos racistas).[15] Porén, Benjamin Rush defendía firmemente a igualdade de todos os seres humanos e estudou a saúde dos nativos americanos e as causas polas que contraían certas enfermidades.[16] Reseñou o caso de Thomas Fuller, coñecido como "Tom o negro" nas cartas de Rush, e "Virginia Calculator" pola súa extraordinaria capacidade para resolver problemas de cálculo, e foi un dos primeiros casos rexistrados de síndrome savant na literatura médica. Rush describiu a sorprendente capacidade de Fuller para calcular sen ter recibido ningunha educación ou formación en matemáticas. A súa habilidade foi utilizada como proba de que os afroamericanos escravos eran iguais aos brancos en termos de intelixencia, algo que reforzou o discurso pro-abolicionista.
Benjamin Rush tamén fixo moito no eido da saúde mental e é considerado o "pai da psiquiatría nos EUA".[17] Chegou a utilizar o mercurio para tratar algúns problemas mentais. Desenvolveu a terapia ocupacional e clasificou diversos trastornos mentais. Tratou a adicción como unha doenza médica e non como un pecado, nun momento en que a maioría da xente tiña malas opinións sobre os enfermos mentais, e defendeu que os enfermos mentais non eran "animais inhumanos".[18] [19]
Rush morreu de tifo en 1813. Foi enterrado no cemiterio da Christ Church en Filadelfia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.