Bell 214
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bell 214 é un helicóptero medio derivado da ubicua serie UH-1 Huey de Bell Helicopter. O Bell 214ST comparte o mesmo número de modelo pero é un derivado máis grande, bimotor e moi modificado.
Bell 214 | |
---|---|
Tipo | helicóptero medio |
Fabricante | Bell Helicopter |
Primeiro voo | 1970 |
Introducido | 1972 |
Principais usuarios | Exército de Irán |
Produción | 1970 - 1981 |
O desenvolvemento orixinal do Model 214 foi anuncioado por Bell en 1970 baixo o nome "Huey Plus". O primeiro prototipo estaba baseado nunha célula dun Bell 205 equipada cun motor Lycoming T53-L-702 de 1 900 shp.[1]
O primeiro prototipo de demostración Bell 214A chegou pouco despois e avaliouse en Irán durante exercicios de campo coas Forzas Armadas Imperiais iranianas. As probas foron consideradas un éxito e pedíronse 287 helicópteros 214A. A intención era que eses aparellos fosen fabricados por Bell nas súas instalacións de Dallas-Fort Worth, e que 50 214A máis e 350 Bell 214ST fosen construídos en Irán. Entregáronse 296 helicópteros da variante 214A e 39 da 214C antes de que a Revolución iraniana de 1979 acabase cos plans para a produción nese país.[2]
Semellante en tamaño e aparencia aos Bell 205 e Bell 212, o Bell 214 usa un único e máis potente motor Lycoming LTC4B-8 (2 930 shp; 2 185 kW) e un sistema rotor actualizado, dándolle unha gran capacidade de elevación e un bo rendemento a altas temperaturas e grandes altitudes.[3] Pódese identificar polo único e gran conduto de escape e as pas do rotor de corda ancha sen barras estabilizadoras.
Bell ofreceu o Bell 214B "BigLifter" para uso civil.[3] Este recibiu a súa certificación en 1976 e fabricouse ata o ano 1981. Impulsado por un turboeixo Lycoming T5508D de 2 930 shp (2 183 kW), ten o mesmo sistema de transmisión que o 214A. A transmisión ten unha potencia nominal de 2 050 shp (1 528 kW) para a engalaxe, cunha potencia máxima continua de 1 850 shp (1 379 kW). O BigLifter ten un avanzado cubo do rotor con rodamentos elastoméricos, un sistema de control de voo automático con aumento da estabilidade, e aviónica comercial.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.