Baviera[1] (en alemán Bayern e en bávaro Boarn) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern dende que deixou de ser un reino en novembro de 1918), é o meirande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70 553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións coma en ningunha outra parte de Alemaña. A súa capital é Múnic.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Freistaat Bayern (de) | |||||
Himno | Bayernhymne | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Bávaros (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Capital | Múnic | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.124.737 (2019) (186,03 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Hochdeutsch (pt) Lingua bavaresa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 70.551 km² | ||||
Auga | 2 % | ||||
Altitude | 503 m | ||||
Punto máis alto | Zugspitze (2.962,06 m) | ||||
Punto máis baixo | Kahl am Main (pt) (110 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de xaneiro de 1919 | ||||
Día festivo | Epifanía (6 de xaneiro) Corpus Christi (Easter + 60 days (en) ) Día de Tódolos Santos (1 de novembro) Dia da Reforma Protestante (pt) (31 de outubro) Asunción de María Aninovo (1 de xaneiro) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Día da Ascensión (Easter + 39 days (en) ) Segunda-feira de Pentecostes (pt) (Easter + 50 days (en) ) Nadal (25 de decembro) Second Day of Christmas (en) (26 de decembro) | ||||
Santo padrón | Santa María | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||||
Órgano executivo | Government of Bavaria (en) | ||||
• Minister-President of Bavaria (en) | Markus Söder (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Landtag of Bavaria (en) , (Escano: 205) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Bavarian Constitutional Court (en) | ||||
Membro de | |||||
Orzamento | 71.424.666.800 € (2023) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .bayern (mul) | ||||
ISO 3166-2 | DE-BY | ||||
Código NUTS | DE2 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 09 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | bayern.de | ||||
Ata a década de 1950 predominaba en Baviera a agricultura como principal fonte económica. Aínda hoxe, a rexión prealpina e outras partes do territorio bávaro dependen da agricultura e da silvicultura. A partir de mediados do século pasado, transformouse nun moderno estado industrial e de prestación de servizos. Baviera converteuse, asemade, no primeiro centro da tecnoloxía avanzada en Alemaña. Cómpre salienta-la tecnoloxía da información e comunicación, biotecnoloxía, tecnoloxía xenética e técnica medicinal. Por outra banda, o estado debe o seu grande atractivo turístico á rica herdanza histórico-cultural, así como á beleza das paisaxes. Por exemplo, a beleza dos Alpes, co cume máis alto de Alemaña -o Zugspitze (2.962 metros)-, a rexión pre-alpina ten grandes lagos como o Chiemsee e mailo Königssee, o Parque Nacional da Foresta Bávara (Bayerischer Wald), os bosques Fränkische Alb, Fichtelgebirge Steigerwald etc.
Existe gran cantidade de parques urbanos –como o de Schönbusch en Aschaffenburg, o Hofgarten en Ansbach ou o Xardín Inglés (Englischer Garten) en Múnic- amais de castelos e pazos. Cómpre salienta-los erixidos na época de Ludwig II: Lindenhof, Neuschwanstein e Herrenschiemsee.
O traxe típico, o Jäger, vístese na actualidade durante a celebración das festividades populares, como a festa anual da cervexa, a Oktoberfest, en Múnic, que goza de sona internacional, e que é elaborada segundo a Lei da pureza de 1516. O lúpulo co que se produce é cultivado no propio estado.
A capital, Múnic, un centro significativo da ciencia e da investigación, conta cunha das meirandes bibliotecas de Europa, a Biblioteca Estatal Bávara, con máis de 6 millóns de volumes. Así mesmo localizánse na capital bávara o Instituto Max Planck de Física do Plasma, o Deutsches Museum, a maior colección mundial da historia das ciencias naturais e da técnica, alén de numerosas edificacións históricas e museos de arte. A antiga división de Baviera era en tres zonas tradicionalmente ben definidas: Suevia, Franconia e A Vella Baviera.
A Baviera partilla fronteira coa Austria (Estados da Alta Austria, Salzburgo, Tirol e Vorarlberg) no sueste, coa Chequia ao oeste e o Lago de Constanza a suroeste. No marco de Alemaña, rodéana os estados de Baden-Württemberg (ao oeste), Hessen (ao noroeste), Turinxia (ao norte), e Saxonia (ao nordés).
Atravésaa o Danubio (Donau en alemán) e mailo Main.
As outras grandes cidades bávaras son Nuremberg (491 000 habitantes), Augsburg (258 000), Würzburg (130 000), Regensburg (127 000), Ingolstadt (117 000), Fürth (111 000) e Erlangen (102 000) ou Bayreuth.
A Baviera dispón actualmente dun parlamento unicameral (der Landtag), elixido por sufraxio universal. Ata decembro de 1999, existía tamén un senado (der Senat), formado por membros escollidos polos grupos socio-económicos da Baviera; porén esta institución foi abolida logo dun referendo que se realizou en 1998.
O goberno bávaro, coma os dos demais länder de Alemaña, é dirixido por un Ministro-Presidente (Ministerpräsident). Actualmente o Ministro-Presidente da Baviera é Günther Beckstein (elixido polos socialcristiáns da CSU), que foi o substituto de Edmund Stoiber, quen ocupou o cargo ata que se decidiu retirar. Dende 1962 a CSU (o partido-irmán da CDU na Baviera) goberna o estado con sucesivas maiorías absolutas.
A Baviera está dividida en 71 distritos (Kreis no singular, Kreise no plural) e 25 cidades independentes.
Distritos da Baviera:
|
|
|
Cidades independentes (Stadkreise), non pertencentes a distrito ningún:
|
|
Os distritos mentados arriba agrúpanse en sete gobernos de distrito (Regierungsbezirke):
Artigo principal: Historia de Baviera
A familia Wittelsbach gobernou a Baviera ininterrompidamente, dende 1180 ata 1918. En 1806, o duque da Baviera foi feito rei, e en 1815, despois da desagregación do Imperio Napoleónico, o Palatinado do Rhin tornou parte do Reino da Baviera. Lois II de Baviera (1845 - 1886), que reinou de 1864 ata ao seu suicidio en 1886, é probablemente o máis coñecido monarca bávaro, sendo responsáble da construción de verdadeiros castelos de contos de fadas, destacando o coñecido castelo de Neuschwanstein.
Nos comezos do século XIX e por mor das Guerras Napoleónicas, Baviera uniuse á Confederación do Rin. Baviera foi aliada de Francia neste período e malia ter que cede-las súas posesións máis occidentais do río Rin, Napoleón Bonaparte procuroulle compensacións que acrecentaron considerablemente o seu territorio. En 1805 créase o reino de Baviera. Tralos desastres militares do emperador francés en 1813, Baviera torna as súas armas contra Francia. Despois da caída do Primeiro Imperio Francés, Baviera uniuse á Confederación Xermánica.
Aínda que favoreceu a creación da Unión Alfandegueira de Alemaña (Zollverein), Baviera resistiu as tentativas doutros estados alemáns para unha unificación nun único Imperio ata 1871, cando tivo que recuar ante Prusia, que resultara trunfante na guerra contra Francia do ano anterior. Deste xeito, o Reino de Baviera converteuse nun dos 25 estados do Imperio Alemán. Aínda así a Constitución de 1871 asegúralle en troques maior independencia có resto dos estados constituíntes. A monarquía foi abolida en 1918 tralo final da primeira guerra mundial. Despois da Revolución de Novembro de 1918, Baviera conformará a República Soviética de Baviera, que desaparecerá o 3 de maio de 1919.
Cando o NSDAP accede ao Goberno alemán en 1933, constrúen o seu primeiro campo de concentración en Baviera. Ademais, o país perde a súa independencia como estado. É en Múnic onde xorde o grupo Die Weiße Rose ('A Rosa Branca'), formado por estudantes universitarios e mailo seu profesor de filosofía, que ata 1943 en que son axustizados, desenvolveran unha campaña panfletaria contra o nazismo.
Na cidade bávara de Nüremberg tiveron lugar os xuízos de guerra posteriores á segunda guerra mundial. Co final da guerra o movemento nacionalista tentou conseguir o apoio dos Estados Unidos para un estado bávaro independente, mais finalmente obtiveron unha autonomía diferenciada coa constitución de Alemaña Occidental que neste "land" foi no único onde non foi aprobada.
A BMW (Bayerische Motoren-Werke, ou "Fábrica Bávara de Motores") e a Audi son empresas fundadas na Baviera e que a partir de aí controlan dous grandes emporios do mundo automobilístico.
Tódolos anos ten lugar o festival Oktoberfest, a maior festa da cervexa no mundo, celebrada dende 1811 que dura 16 días e comeza máis ou menos na metade de setembro e termina sempre no primeiro domingo de outubro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.