From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Ongal (en búlgaro: Битка при Онгъла) tivo lugar no verán de 680 na zona de Ongal, un lugar sen especificar no suroeste de Ucraína ou no nordeste de Romanía ao redor do delta do Danubio. A batalla tivo unha enorme importancia e influencia non só para os Balcáns senón tamén para a historia europea coa creación do Primeiro Imperio Búlgaro.
Batalla de Ongal | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerras búlgaro-bizantinas | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Búlgaros de Asparukh e Sete tribos eslavas | Imperio Bizantino | ||||||
Líderes | |||||||
Asparukh | Constantino IV | ||||||
Forzas en combate | |||||||
Sobre 10.000 ou 12.000[1] | Sobre 15.000 ou 25.000[2] | ||||||
Baixas | |||||||
Poucas | Moitas |
En 632, o khan Kubrat logrou unir aos búlgaros na poderosa Antiga Grande Bulgaria, entre o mar Negro e o mar Caspio. Despois da súa morte en 665, o estado viuse ameazado polos ataques constantes dos xázaros do leste e dos seus fillos divididos. Batbayan, o fillo máis vello, herdou o trono, pero foi derrotado polos xázaros e sometido ao seu dominio. Kotrag dirixiuse ao norte e estableceu a Bulgaria do Volga, mentres que o terceiro fillo, Asparukh, marchou cara ao oeste e estableceuse co seu pobo na zona de Ongala ao norte do Danubio. Desde alí lanzou un ataque contra as fortalezas bizantinas do sur.
Durante ese tempo Bizancio estaba en guerra cos árabes, que ata asediaron a capital de Constantinopla, pero no ano 680 os árabes foron derrotados e estableceuse a paz. Despois deste éxito, o emperador Constantino IV decidiu castigar aos búlgaros polo seu ataque e dirixiu un exército contra Asparukh. Mentres tanto, o líder búlgaro aliouse con sete tribos eslavas para protexerse mutuamente contra os ataques bizantinos e formou unha federación.
Segundo as crónicas de Nicéforo I de Constantinopla, os búlgaros amedrentados polas numerosas tropas bizantinas refuxiáronse nas súas fortificacións de madeira e adoptaron unha estratexia defensiva preo da illa Peuce. Os bizantinos non presentaron batalla aberta durante 3 ou 4 días, dubidosos de atacar atravesando os pantanos do Danubio, onde se atopaban as fortificacións búlgaras. Durante estes días o emperador sufriu un ataque de gota e tivo que regresar a Mesembria para tomar uns baños; deixando aos seus xenerais encargados de presentar batalla en caso de que os búlgaros abandonasen as súas fortificacións e de manter o asedio en caso contrario. Unha vez marchado o emperador a cabalería espallou o rumor de que o emperador os abandonara, e marcharon en retirada. Os búlgaros, que se decataron disto, perseguíronos e mataron a maioría deles, conseguindo atravesar o Danubio.
Despois da vitoria, os búlgaros avanzaron cara ao sur e apoderáronse das terras ao norte de Stara Planina. En 681 invadiron Tracia derrotando de novo aos bizantinos. Constantino IV atopouse acurralado e pediu paz.
Esta batalla foi un momento moi significativo na historia europea, xa que levou á creación dun estado, que se convertería nunha superpotencia medieval europea[3] nos séculos IX e X xunto co Imperio Bizantino e o Reino Franco. Converteuse nun centro cultural e espiritual da Europa eslava durante a maior parte da Idade Media.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.