Batalla de Cartaxena (461)

Batalla entre vándalos e romanos no 460/461 From Wikipedia, the free encyclopedia

Batalla de Cartaxena (461)

A batalla de Cartaxena foi un enfrontamento militar naval que ocorreu o 13 de maio de 460 ou 461[1][2][3][4] entre a armada romana e a vándala, no contexto dos intentos do emperador Maioriano de reconquistar os territorios perdidos. O encontro, que tivo lugar fronte ás costas da provincia romana Cartaxinenese, saldouse cunha vitoria vándala.

Datos rápidos Tipo, Resultado ...
Batalla de Cartaxena (461)
Reconquista Romana de África

Tipobatalla naval
ResultadoVitoria vándala
LocalizaciónCartaxena
Líderes
Xenserico Maioriano
Forzas
- 300 naves
[ Wikidata ]
Pechar

Contexto

En 457, Maioriano accedeu ao trono do Imperio Romano de Occidente, limitado territorialmente, naquel momento, á Península Itálica, Dalmacia e algunhas partes do norte da Galia. Partindo para restaurar as antigas fronteiras do imperio, invadiu o sur da Galia en 458 e derrotou aos visigodos de Teodorico II na batalla de Arelate (actual Arles, Francia). Despois de derrotar aos godos asentados en Hispania e Septimania e impoñer a condición legal de pobo federado, Maioriano comezou a montar unha frota en Portus Ilicitanus (Santa Pola), porto de Ilici (Elx), preto de Carthago Nova (Cartaxena), coa que pretendía invadir o reino vándalo do norte de África.

Batalla

Na primavera de 460 ou 461, Maioriano tiña xa construídas 300 naves[4][3] e esperaba máis no outono. Os vándalos decidiron atacar antes de que o exército romano se convertese nunha forza insuperable. O 13 de maio, unha frota vándala ao mando de Xenserico atacou os romanos por sorpresa. Moitos dos capitáns romanos foran subornados, polo que case non houbo resposta. A mariña romana quedou totalmente destruída xunto con calquera esperanza romana de reconquistar o norte de África.

Mense Maio Majorianus Hispanias ingreditur imperator: quo Carthaginiensem provinciam pertendente, aliquantas naves quas sibi ad transitum adversum Wandalos praeparabat, de littore Carthaginiensi commoniti Wandali per proditores abripiunt. Majorianus ita sua ordinatione frustratus ad Italiam revertitur.
Hidacio: Chronicon

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.