Utqiagvik
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Utqiagvik, anteriormente coñecida como Barrow, é unha cidade estadounidense situada no estado de Alasca. É o asentamento máis setentrional do América continental. Neste lugar transcorre a acción dos cómics de terror 30 Days of Night, así como a película baseada nestes.[1]
Utqiaġvik (ik) Utqiagvik (en) | ||||
Epónimo | John Barrow | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Alasca | |||
Borough | North Slope (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 4.927 (2020) (101,35 hab./km²) | |||
Número de fogares | 409 (2020) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 48,61477 km² | |||
Auga | 12,3743 % (1 de abril de 2010) | |||
Altitude | 3 m | |||
Creación | 8 de xuño de 1959 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 99723 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 907 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | utqiagvik.us |
O 3 de marzo de 2009 a páxina oficial do concello informou que a cidade era a máis grande no condado de North Slope, cunha poboación de 4.429 habitantes, dos cales aproximadamente un 61% eran Inupiats.[2]. Segundo o censo de 2010 a poboación era de 4.212 habitantes.
Utqiagvik está situado nas coordenadas 71.300371, -156.735840. Ten unha área total de 55 km² dos cales 48 km² son terra firme 7 km² (un 14% do total) son auga. É o punto habitado máis setentrional da América continental.
Na lingua Inupiaq, Barrow é chamado Ukpeagvik, que significa "o lugar onde nos cazamos curuxas da neve".
Os sitios arqueolóxicos da área indican que os Inupiat vivían na nesta zona desde o ano 500. Algúns vestixios de 16 habitacións da cultura Birnirk datados do ano 800 aínda poden ser vistos hoxe na costa do océano Ártico. A localización preto do nivel do mar pon en risco este sitio arqueolóxico, xa que o risco de erosión é inminente.
A Royal Navy estivo na área para trazar mapas e explorar a costa ártica de América do Norte. O Exército dos Estados Unidos estabeleceu un centro meteorolóxico e magnético no 1881.[2]
En 1888 construíuse unha igrexa presbiteriana e no 1901 abriuse un posto de correos.
No 1935 o famoso humorista Will Rogers e o piloto Wiley Post fixeron unha parada non planeada na baía Walakpa, 24 km ao sur de Barrow, mentres se dirixían para esta cidade. Cando eles engalaron de novo o avión estoupou e caeu nun río, matando os dous ocupantes. O lugar do accidente coñécese agora como Rogers-Post, e nel colocáronse dous monumentos conmemorativos. Ademais do aeroporto de Barrow que recibe o seu nome deste suceso.[2]
Barrow foi incorporada como cidade de primeira clase no 1958.
No 1972 estableceuse o condado de North Slope que trouxo miles de dólares consigo e creou as redes de saneamento, abastecemento de auga, enerxía, estradas, corpo de bombeiros, establecementos sanitarios e educativos a Barrow e as vilas do arredor.[2]
Utqiagvik é o centro económico do borough de North Slope, principal fonte de emprego da cidade, á parte de numerosas empresas que prestan servizos de apoio ás operacións dos campos petrolíferos. As axencias estatais e federais tamén son unha fonte de emprego. O sol da media noite atraeu o turismo e xunto coa venda de artesanía trae moitos ingresos en efectivo.
Moitos residentes dependen das fontes de subsistencia como as baleas, focas, osos polares, morsas, aves acuáticas, caribús e peixes que capturan nos ríos da costa ou nos lagos próximos.[3]
É a sede da Arctic Slope Regional Corporation.
Está irmandada coa cidade arxentina de Ushuaia, que é a máis meridional de América.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.