Bakú
capital e maior cidade do Acerbaixán From Wikipedia, the free encyclopedia
capital e maior cidade do Acerbaixán From Wikipedia, the free encyclopedia
Bakú[1] ou Bacú[2][3] (Bakı en azarí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localízase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2 374 000 habitantes (2015).
Bakı (az) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Acerbaixán | ||||
Capital de | Acerbaixán (1991–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.300.500 (2021) (1.075 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua azarí | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.140 km² | ||||
Bañado por | Mar Caspio | ||||
Altitude | −28 m | ||||
Creación | século I | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Eldar Azizov (pt) (2018–) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | AZ1000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 12 | ||||
ISO 3166-2 | AZ-BA | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | baku-ih.gov.az | ||||
Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a segunda guerra mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da Unión Soviética. Despois da independencia de Acerbaixán a cidade sufriu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Karabakh, volvendo a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer de Acerbaixán na súa totalidade.
Crese que o nome Bakú provén de verbas do antigo persa Bād-kube "باد کوبہ", que significa "Cidade golpeada polo vento ", onde "Bād" significa vento e "Kube" vén do verbo "Kubidan", golpear.
Tamén se cre que Bakú deriva da palabra Baghkuh, que significa Monte de deus. Baga (actualmente Bagh) e Kaufa (actualmente Kuh) son as dúas verbas do antigo persa para Deus e Montaña; ademais o nome Baghkuh pode ter algunha relación con Bagdad (Regalo de Deus) onde a partícula dā é a palabra do antigo persa para o verbo dar. En textos árabes a cidade tamén é denominada Baku, Bakukh, Bakuya, e Bakuye'.
Propuxéronse varias hipóteses para explicar a etimoloxía da palabra "Baku". Segundo L.G.Lopatinski e Ali Huseynzade,[4] Baku provén do turco para outeiro. O historiador especialista no Cáucaso K.P. Patkanov tamén sostén a mesma teoría, pero que Bakú se orixina na lingua lak.
A Enciclopedia Islámica turca considera que a palabra "Bakú" provén da expresión "Bey-Kyoy", que en turco significa "a cidade principal".
Outra proposta consiste en que o nome provén do persa medio Bāgh-dād, "O Xardín Doado". O nome é preislámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores sen importancia política nin comercial, polo que segundo esta teoría a cidade tería sido fundada en tempos do Califato Abasí.
Mansur chama a cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ao paraíso. Este foi o nome oficial en moedas, pesos e outras cousas.
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.