From Wikipedia, the free encyclopedia
BIROS (acrónimo de Bi-spectral InfraRed Optical System), coñecido tamén como Firebird 2, é un satélite artificial alemá lanzado o 22 de xuño de 2016 mediante un foguete PSLV-XL desde o Centro Espacial Satish Dhawan, na India.[5][2][4]
BIROS / FireBird 2 | |
---|---|
Maqueta de BIROS | |
Tipo | Científico |
Organización | DLR |
Contratistas principais | DLR-IOS, Astrofein |
Data de lanzamento | 22 de xuño de 2016[1][2][3][4] |
Foguete portador | PSLV-XL[5][2] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Satish Dhawan[5][2] |
NSSDC ID | 2016-040F |
Masa | 130 kg[5][2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6869 km[1] |
Inclinación | 97,2°[1] |
Apoapse | 505,9 km[1] |
Periapse | 491,4 km[1] |
BIROS é un satélite lanzado coa misión de detectar incendios forestais desde órbita. É unha versión mellorada do satélite TET 1, co que comparte o sensor para detectar lume, e que usa o bus TET-X. BIROS leva a bordo tres cámaras de barrido, unha para o visible e as outras dúas para o infravermello, coas que detectar eventos de alta temperatura, como lume ou volcáns. Como cargas secundarias leva un terminal de comunicación óptica denominada OSIRIS (Optical Space Infrared Downlink System) para demostrar a capacidade de comunicación usando láser, chegando a velocidades de 1 Gbps, e o experimento de navegación óptica autónoma AVANTI (Autonomous Vision Approach Navigation and Target Identification), para o cal liberou o CubeSat BeeSat 4. BIROS ten unha masa de 130 kg.[5][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.