Axel Witsel

futbolista belga From Wikipedia, the free encyclopedia

Axel Witsel

Axel Thomas Witsel, nado en Liexa o 12 de xaneiro de 1989, é un futbolista internacional belga que xoga para o Borussia Dortmund da Bundesliga alemá e para a selección de Bélxica. A súa posición natural é a de medio centro, mais tamén pode xogar como medio ofensivo. Con todo, cando chegou ao fútbol profesional xogaba na posición de lateral dereito.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Axel Witsel
Thumb
(2018)
Biografía
Nacemento(fr) Axel Laurent Angel Lambert Witsel
12 de xaneiro de 1989 (36 anos)
Liexa, Bélxica
Altura186 cm
Peso81 kg
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Período de actividade2006 -
Nacionalidade deportivaBélxica
Deportefútbol
LigaFußball-Bundesliga
Posición de xogoCentrocampista
Número deportivo20
Traxectoria
  Equipo
Tianjin Tianhai Football Club
2004–2004 Selección nacional xuvenil de futbol de Bélxica 1(0)
2005–2005   Bélxica sub-16 2(0)
2006–2011 Standard de Liège 148(34)
2011–2012 Sport Lisboa e Benfica 32(1)
2012–2016 Zenit San Petersburgo 121(16)
2017–2018 Tianjin Tianhai Football Club 35(5)
2018–2022 Borussia Dortmund 105(10)
2022–valor descoñecido   Atlético de Madrid 52(1)
  Selección nacional
2005–2006   Bélxica sub-17 19(0)
2006–2006   Bélxica sub-19 3(0)
2006–2007   Belgium national under-18 football team 5(0)
2007–2009   Bélxica sub-21 10(0)
2008–   Bélxica 130(12)
Participou en
2022Mundial de Fútbol Qatar 2022
2021Eurocopa de Fútbol Europa 2020
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
Familia
PaiThierry Witsel
Premios

Sitio webaxelwitsel28.com
Pechar

Traxectoria

O primeiro equipo de Witsel foi o Standard Liège, co que debutou nun partido ante o Brussels FC, entrando como substituto de Steven Defour no minuto 89. Aquilo ocorreu o 17 de setembro de 2006, cando Axel contaba con tan só 17 anos de idade. Once días despois, fixo o seu debut nunha competición europea, concretamente na Copa da UEFA, onde o seu equipo saíu eliminado ante os galegos do Celta de Vigo. Durante a tempada 2007-08, e con 18 anos de idade, Witsel converteuse nun dos xogadores que gañaría o título de liga para o Standard, xunto a outros talentos belgas como Steven Defour e Marouane Fellaini. Ese mesmo ano gañaría o premio ao Mellor Xogador Mozo do Ano, e o Zapato de Ouro, que premia ao mellor xogador do torneo. Na tempada seguinte, anotou o gol co que seu club volveu conseguir o campionato de liga, tras imporse no dobre play-off ante o Anderlecht.

O 30 de agosto de 2009, Witsel rompeu a perna dereita do xogador polaco Marcin Wasilewski, nun dos clásicos disputados entre o Standard Liège e o Anderlecht. Axel protestou polo cartón vermello que recibiu e a pesar de desculparse por este incidente, a reacción dos seareiros do club púrpura e sobre todo, dos polacos, non se fixo esperar: Witsel foi ameazado de morte.[1] Finalmente, a Real Federación Belga de Fútbol suspendeu ao internacional belga con oito partidos de Liga, a pesar de que a sanción inicial foi de once encontros, máis unha multa de 250 euros, que igualmente foi reducida dos 2.500 euros que debía pagar nunha primeira instancia.[2]

O 13 de xullo de 2011 o Standard Liège anuncia mediante un comunicado no seu sitio web o traspaso do xogador ao SL Benfica de Portugal, sen dar detalles sobre a transferencia. Segundo medios locais o club portugués tería pagado unha cifra próxima ao oito millóns de euros. O 3 de setembro de 2012 é fichado polo Zenit de San Petersburgo por 40 millóns de euros.

Títulos

Campionatos nacionais

Máis información Título, Club ...
Título Club Estado Ano
Primeira División Standard Liège Bélxica Bélxica 2007–08
Supercopa de Bélxica Standard Liège Bélxica Bélxica 2008
Primeira División Standard Liège Bélxica Bélxica 2008–09
Supercopa de Bélxica Standard Liège Bélxica Bélxica 2009
Copa de Bélxica Standard Liège Bélxica Bélxica 2010-11
Pechar

Distincións individuais

Máis información Distinción, Ano ...
Distinción Ano
Bélxica Mellor Xogador Promesa da Liga de Bélxica
2008
Bélxica Mellor Xogador da Liga de Bélxica
2008
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.