From Wikipedia, the free encyclopedia
Authentic Brands Group LLC (ABG) é unha empresa estadounidense de xestión de marcas con sede na cidade de Nova York. As súas participacións inclúen varias marcas de roupa, deporte e entretemento, para o que se asocia con outras empresas para licenciar e comercializar.[2] ABG posúe máis de 50 marcas de consumo,[3] así como dereitos de imaxe ou patrimonios de famosos, incluíndo Muhammad Ali, Elvis Presley e Marilyn Monroe.
Tipo | LLC |
---|---|
Industria | |
Fundación | 2010 |
Fundador | Jamie Salter |
Sede | 1411 Broadway, [1] |
Propietarios |
|
Marcas subsidiarias |
|
Website oficial | authenticbrandsgroup.com |
Reebok, que desde 2022 será parte de ABG, concede desde 1988 os premios Human Rights (Dereitos Humanos). [4]
O CEO Jamie Salter e o presidente Nick Woodhouse foron recoñecidos pola ONG Devering Good pola súa colaboración coa infancia desfavorecida.[5]
Authentic Brands Group presentou recentemente demandas por discriminación contra a empresa por parte de antigos empregados.[6]
BlackRock é o maior investidor en carbón en todo o mundo, segundo InfluenceMap, e foi acusada de falta de sensibilidade coa crise climática e de propiciar a deforestación da Amazonía [7] [8].
O tesoureiro de Rhode Island anunciou retiro de compras en Leonard Green & Partners, copropietaria de ABG, pola actuación de Prospect Medicals (de LG&P) de desviar millóns de dólares en tarifas excesivas e pagos hipotecarios de pacientes [9]. Ese mesmo ano LG&P anunciou un fondo de axuda aos empregados afectados por Covid-19.[10]
A compañía foi fundada en 2010 por Jamie Salter, após cesar no cargo como CEO de Hilco Consumer Capital, empresa que participou na reestruturación de marcas en dificultades (como Bombay Company e Polaroid Corporation). Salter investiu 250 millóns de dólares na nova empresa, e a maioría do capital foi vendido a Leonard Green & Partners. Dúas das primeiras compras importantes de ABG foron as marcas de roupa Silver Star e Tapout. En xaneiro de 2011, Authentic Brands Group adquiriu os dereitos sobre a imaxe ou semellanza de Marilyn Monroe.[11]
O 7 de outubro de 2013, Authentic Brands Group anunciou a compra de Juicy Couture de Fifth & Pacific por 195 millóns de dólares.[12] Ao mes seguinte, ABG adquiriu o patrimonio de Muhammad Ali e o 85% da participación de CORE Media Group en Elvis Presley Enterprises (que inclúe o patrimonio de Elvis Presley, dereitos de imaxe e semellanza, e activos de publicación musical).[13][14][15]
En decembro de 2015, o xogador de baloncesto Shaquille O'Neal asinou con ABG para xestionar a súa imaxe e os seus dereitos de mercadotecnia.[16] En setembro de 2016, Julius Erving tamén vendeu o seu nome e dereitos de licenza a ABG, e Aéropostale foi comprada en bancarrota por un consorcio que incluía ABG e outros investidores.[17]
En marzo de 2017, ABG converteuse no socio maioritario do negocio de produtos de consumo de Greg Norman.[18]
En marzo de 2018, ABG anunciou que adquiriría Nautica de VF Corporation.[19] En xuño de 2018, ABG anunciou que era o licitador gañador da propiedade intelectual de Nine West Holdings, [20] que se completaría en xullo. O 10 de outubro de 2018, ABG anunciou que asinara un acordo para adquirir unha participación maioritaria na propiedade intelectual das marcas propietarias do Grupo Camuto en colaboración con DSW Inc.[21]
O 27 de maio de 2019, ABG anunciou a adquisición da revista deportiva Sports Illustrated de Meredith Corporation por 110 millóns de dólares.[22] A compañía declarou que planeaba aproveitar as súas marcas rexistradas e outros activos non fundamentais en novas empresas. Meredith continuaría publicando a revista Sports Illustrated e as propiedades dixitais baixo licenza durante polo menos dous anos.[23] O 18 de xuño de 2019, anunciouse que os dereitos para publicar as operacións editoriais de Sports Illustrated se concederían a The Maven baixo un contrato de 10 anos, con Ross Levinsohn como CEO.[24] En agosto de 2019, BlackRock converteuse no maior accionista de Authentic Brands.[25]
En maio de 2020, Authentic Brands Group e os 101 Studios de David Glasser formaron unha empresa conxunta, Sports Illustrated Studios, para proxectos de longametraxes e televisión. A empresa conxunta contaría cunha lista de varias series de TV e películas ao ano. O primeiro proxecto anunciado foi a docuserie Covers de dúas horas baseada nas historias de portada da revista.[26]
O 12 de agosto de 2020, anunciouse que Brooks Brothers foi vendido a Authentic Brands Group e Simon Property Group, o maior operador de centros comerciais dos Estados Unidos. Os novos propietarios comprometéronse a seguir operando polo menos 125 puntos de venda retallista de Brooks Brothers en todo o mundo (con respecto aos 424 locais anteriores á pandemia de COVID-19).[27]
O 23 de xuño de 2021, anunciouse que ABG adquiriría as marcas Izod, Van Heusen, Arrow e Geoffrey Beene de PVH.[28]
O 6 de xullo de 2021, Authentic Brands Group presentou unha oferta pública inicial estimada en 1.500 millóns de dólares.[29][30]
O 12 de agosto de 2021, anunciouse que Authentic Brands Group adquiriría a marca de roupa deportiva Reebok de Adidas por polo menos 2.500 millóns de dólares, nun acordo que se prevía fechar no primeiro trimestre de 2022.[31] As empresas de capital privado CVC Capital Partners e HPS Investment Partners investiron 3.500 millóns de dólares en Authentic nun acordo que se pechou en novembro de 2021.[32]