Reebok
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Reebok International Limited é unha das empresas máis famosas do mundo. Reebok é unha marca de roupa deportiva, fabrica zapatillas deportivas, chándales e outros accesorios.
Reebok International Limited | |
---|---|
Tipo | Subsidiaria de Adidas AG[1] |
Fundación | 1895, Bolton, Inglaterra |
Localización | Canton, Massachusetts, USA |
Industria | Téxtil |
Na rede | |
https://www.reebok.com/, http://fitness.reebok.com/, https://www.shop4reebok.com, http://reebok.ru e https://www.reebok.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A compañía fundouse en 1895 en Bolton, Inglaterra. Foi fundada por Joseph William Foster baixo a súa compañía J.W. Foster and Sons Limited. co nome de Mercury Sports, non foi até 1960 que se renomaría a Reebok.
En 1988 creou o Premio Reebok de Dereitos Humanos, Reebok Human Rights Award (RHRA), que homenaxea a activistas menores de trinta anos que loitaron polos dereitos humanos a través de medios non violentos
En 1996 propuxo a Nike unha alianza para acabar co traballo infantil nas subcontratas de fábricas, maiormente asiáticas.[2]
En xaneiro de 2006, Reebok foi adquirida por 3.100 millóns de euros por Adidas AG, coa intención de competir contra Nike, sobre todo no mercado estadounidense. En outubro do mesmo ano, Reebok saca o seu primeiro Reebok I am what I am (Eu son o que eu son). En 2007 deixou de entregar os RHRA.
En 2021 Adidas asinou un precontrato para vender a marca a Authentic Brands Group, e nese mesmo ano volveu dar os RHRA.
Inspirado nun antílope africano chamado rhebok, o logo representa un antilope simplificado chamado "vector". A marca tamén simplificou o nome a Reebok.
A empresa manexa exclusivamente os dereitos de fabricar e comercializar os uniformes da NFL desde 2002, a Canadian Football League desde 2004, e é a provedora oficial de calzado para a NFL e a Major League Baseball.
No circuíto de tenis profesional, algúns xogadores utilizan esta marca en todos os seus partidos, entre eles xogadores atópanse o peruano Luís Horna ou o español Nicolás Almagro
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.