From Wikipedia, the free encyclopedia
Atlas (en grego Άτλας) e un satélite interior de Saturno. Foi descuberto por Richard Terrile no 1980 (algúns días antes do 12 de novembro) a partir de imaxes do programa Voyager e foi temporalmente designado coma S/1980 S 28.[3] En 1983 recibiu oficialmente o nome de Atlas que provén da mitoloxía grega, porque el "sostén cos seus ombreiros os aneis" do mesmo xeito có Titán Atlas sostiña a Terra.[4] Foi tamén designado coma Saturno XV.
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Richard Terrile, Voyager 1 |
Descuberta no | Outubro do 1980 |
Designación alternativa | Saturno XV |
Características orbitais[1] | |
Eixo semi-maior | 137.670 ± 10 km |
Excentricidade | 0,0012 |
Período orbital | 0,6016947883 d |
Inclinación | 0,003 ± 0,004° |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 46 × 38 × 19 km[2] |
Diámetro medio | 15,3 ± 1,2 km [2] |
Área superficial | ~3.700 km² |
Volume | ~15.000 km³ |
Masa | 6,6 ± 0,6 x 1015 kg[1] |
Densidade media | 0,44 ± 0,11 g/cm³ |
Gravidade superficial | ~0,00083 m/s2 |
Velocidade de escape | ~0,0062 km/s |
Período de rotación | asumida coma sincrónica |
Albedo | 0,4 |
Oblicuidade | cero |
Temperatura | ~81 K |
Atlas é o satélite máis próximo á beira externo do anel A, e a pesar do seu tamaño pensouse durante bastante tempo que era unha lúa pastor deste anel. Porén, agora é sabido que a beira exterior deste anel é mantido estable por unha resonancia orbital de 7:6 coas lúas moito máis masivas e distantes, Xano e Epimeteo.[5] No 2004, un anel moi feble e delgado que recibiu a designación provisional R/2004 S 1, foi descuberto dentro da órbita de Atlas.[6]
Imaxes de alta resolución feitas pola sonda Cassini en xuño do 2005 revelaron unha especie "cinto", unha especie de michelín ó longo do ecuador. A explicación máis plausible para esta rara e prominente estrutura é que o material que é varrido pola lúa, é acumulado por esta preferentemente no ecuador debido ó pequeno grosor do anel. De feito, o tamaño ecuatorial da lúa e comparable ó tamaño esperado para o seu lóbulo de Roche. Isto podería significar que chegados a certo punto, as partículas que pretendan acumularse no ecuador, veríanse arredadas da lúa ó supera-la forza centrifuga da lúa á da súa propia gravidade.[5]
Atlas está significativamente perturbada por Prométeo e dun xeito máis suave por Pandora, chegando a variacións na súa lonxitude (orbital) de 600 km (~0,25°) respecto do que debería se-la súa órbita kepleriana, estas variacións suceden ó longo dun período de 3 anos. Dende que se coñece que as órbitas de Prométeo e Pandora son caóticas, tamén se comezou a sospeitar que a órbita de Atlas tamén o é.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.