Atún patudo

Especie de peixe From Wikipedia, the free encyclopedia

Atún patudo
Remove ads

O atún patudo (Thunnus obesus) é unha especie de peixe da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos e familia dos túnidos, pertencente ao xénero Thunnus.[1][2]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Características

É un peixe corpulento, que chega a acadar un peso de 210 kg.

Ten a primeira aleta dorsal de cor amarela forte, mentres que a segunda alerta dorsal e a anal son só amareladas.

O corpo é claro cunha faixa azul iridescente nos lados (visíbel só en exemplares vivos).

Bioloxía

Nutrición

Aliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos, tanto de día, como durante a noite.

Reprodución e desenvolvemento

Tanto os ovos como as larvas forman parte do plancto. Son peixes de crecemento rápido, a alcanzan unha idade máxima estimada de once anos.

Costumes

Ten un comportamento peláxico, cos peixes de tamaños pequenos formando cardumes na superficie, mentres os adultos se concentran en augas profundas.

Remove ads

Distribución

Atópase nas augas tropicais e subtropicais de todos os océanos, mais preferindo o intervalo de temperaturas entre os 17º e os 22 °C.[3]

Taxonomía

Descrición

Esta especie foi descrita por primeira en 1839 vez polo clérigo anglicano, escritor, botánico, ictiólogo e malacólogo inglés, especializado na flora, e máis na fauna (mariña) do arquipélago de Madeira Richard Thomas Lowe, baixo o nome de Thynnus obesus.[1] Poesteriormente, cando o xénero Thynnus foi considerado como Thunnus foi reclasificado neste.

Sinónimos

Ao longo da historia, a especie foi tamén coñecida polos sinónimos seguintes:[1]

  • Germo obesus (Lowe, 1839)
  • Germo sibi (Temminck & Schlegel, 1844)
  • Neothunnus obesus (Lowe, 1839)
  • Orcynus sibi (Temminck & Schlegel, 1844)
  • Parathunnus mebachi (Kishinouye, 1915)
  • Parathunnus obesus (Lowe, 1839)
  • Parathunnus obesus mebachi (Kishinouye, 1915)
  • Parathunnus sibi (Temminck & Schlegel, 1844)
  • Thunnus abesus (Lowe, 1839) (incorrecto gramaticalmente)
  • Thunnus mebachi Kishinouye, 1915
  • Thunnus obesus mebachi Kishinouye, 1915
  • Thunnus obesus sibi (Temminck & Schlegel, 1844)
  • Thunnus sibi (Temminck & Schlegel, 1844)
  • Thunus obesus (Lowe, 1839) (incorrecto gramaticalmente)
  • Thynnus obesus Lowe, 1839 (basónimo)
  • Thynnus sibi Temminck & Schlegel, 1844
Remove ads

Importancia económica

Ten grande importancia para a pesca, sendo comercializado principalmente conxelado e enlatado; adquire un valor elevado para a produción de saximi. É considerado unha especie vulnerable pola IUCN.[4]

As capturas aumentaron liñalmente (aínda que con flutuacións) dende mediados do século XX até o ano 2000, cando se chegou a preto de 400 000 t en todo o mundo; os países que rexistran maiores capturas son o Xapón e Corea do Sur.[5].

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads