avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Castro García, nado en Ordes en 1925 e finado en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 2011,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1925 Ordes, España |
Morte | 9 de outubro de 2011 (86 anos) Santiago de Compostela, España |
Procurador en Cortes | |
4 de abril de 1976 – 30 de xuño de 1977 ← Jaime Hervada y Fernandez España (en) Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1974 – 1979 ← Francisco López Carballo – José Antonio Souto Paz → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na cidade de Santiago. Vencellado ás cúpulas dirixentes locais durante o franquismo, foi membro do consello local do Movemento Nacional, e concelleiro compostelán polo terzo familiar. En xaneiro de 1974 foi designado alcalde de Santiago[2], posto no que permaneceu ata a chegada das primeiras eleccións municipais democráticas, en 1979. Baixo o seu mandato foi derrubado o Edificio Castromil, estando nunha posición favorable á súa desaparición. Militante primeiro de Alianza Popular e logo do Partido Popular, foi tamén director xeral de Xustiza na Xunta de Galicia.
Relacionado tamén co deporte santiagués, foi presidente do Obradoiro CAB e do club local de tiro olímpico, así como membro do consello de administración de El Correo Gallego, do que foi nomeado presidente de honra.
Predecesor: Francisco López Carballo |
alcalde de Santiago 1974-1979 |
Sucesor: José Antonio Souto Paz |
Casou con Filomena Carballal e foi pai de Antonio, Teresa e María José Castro Carballal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.