Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A pica campestre,[2] Anthus campestris, é unha especie de ave paseriforme da familia dos motacílidos pertencente ao xénero Anthus.[3]
Pica campestre Anthus pratensis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Anthus campestris (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Área de distribución de Anthus campestris En verde: Área de cría. En azul claro: Área de migración. En azul escuro: Área de invernada. | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 166 do Tomo 1º do seu Systema Naturae baixo o nome de Alauda pratensis.[3]
Ademais de polo nome actualmente válido coñeceuse tamén como:[3]
Recoñécense dúas subespecies:[3]
Ten unha lonxitude duns 16 cm. Caracterízase pola súa cola relativamente longa, as patas longas é unha liña ocular clara. A súa parte superior é brillante, case totalmente da cor da area con algunhas manchas máis escuras nas ás. A parte inferior é máis clara, en xeral sen raias. A liña de cor crema de sobre dos ollos é moi notoria.
Aliméntanse principalmente de insectos, aínda que comen tamén sementes.
A súa ampla área de distribución na época a reprodución abarca a metade occidental da rexión Paleártica, faltando nas illas Británicas e no norte de Francia.[4]
Cría nun amplo abano de hábitats abertos, como a tundra, páramos e breixais, turbeiras, marismas, dunas, prados costeiross, ladeiras, claros forestais, barbeitos e, ocasionalmente, en terras de cultivo. Powolny et al., (2018) demostraron que ten preferencia polo cultivos de alfalfa e os prados, pero evita os campos de cereais de inverno. No inverno tamén se atopa nas beiras do mar.[1]
É unha ave migratoria que pasa o inverno na África subsahariana, península Arábiga e no oeste do subcontinente indio. É principalmente residente ou migrante parcial en Europa occidental. As aves de Groenlandia e Islandia migran a Europa occidental. As poboacións do norte e do leste son xeralmente migrantes de media distancia.[5] Existen aparentes asociacións de individuos desta especie en cotas elevadas, pendentes frescas e lugares húmidos,[6] , que poden deberse á ecoloxía das súas presas, cuxa abundancia está relacionada positivamente coa humidade do solo e negativamente coa temperatura estival.[7]
Aliméntase principalmente de invertebrados, pero consome tamén algunhas sementes de plantas no outono e no inverno.[8]
A súa densidade de poboación está asociada positivamente coa abundancia do grou (Grus grus), probabelmente relacionada cun efecto protector contra os depredadores dos niños.[9]
Cría desde finais de marzo até agosto. O niño é unha cunca de herba limpa, forrada de herba e pelo e está oculto entre a vexetación do chan. As postas varían de dous a sete ovos, abrancazados con algunhas manchas castañas, e o tamaño da posta aumenta coa latitude. Choca só a femia. Os polos rompen a casca os 14 días e son alimentados polos pais durante dúas semanas.[5]
Pénsase que a principal causa do descenso da súa poboacón é a intensificación das actividades agrícola.[5] Suxeriuse que a eliminación de insectos é prexudicial para as aves insectívoras, como esta especie.[10]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución extraordinarimente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da área de distribución, a extensión e calidade do hábitat, e que o tamaño da súa poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación, e a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación, a especie é avaliada como LC (pouco reocupante).[1]
Anthus campestris en Galicia é unha ave de paso. A maior parte das observacións confirmadas concéntranse na metade sur da provincia de Ourense, sobre todo a altitudes entre os 700 e 1 200 m, alcanzando os 1 618 m nos cumios da serra de San Mamede. Algunhas aves tense visto en zonas costeiras da ría de Arousa.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.