From Wikipedia, the free encyclopedia
Ananke (ou en grego Ανάγκη) é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Seth Barnes Nicholson no Observatorio do Monte Wilson en 1951[3] e recibiría o nome mitolóxico de Ananke, nai das Moirae (parcas) xunto con Zeus.
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | S. B. Nicholson |
Descuberta no | 28 de setembro de 1951 |
Designación alternativa | Xúpiter XII |
Características orbitais | |
Raio orbital medio | 21 280 000 km[1] |
Periapse | 12 567 000 km |
Apoapse | 29 063 500 km |
Excentricidade | 0,24[1] |
Período orbital | 610,45 d (1,680 a)[1] |
Inclinación | 148,89° (respecto da eclíptica) 149,9° (respecto do ecuador de Xúpiter)[1] |
Velocidade orbital | 2,367 km/s |
Satélite de | Xúpiter |
Características físicas | |
Raio medio | 14 km[2] |
Área superficial | ~2.500 km² |
Volume | ~11.500 km3 |
Masa | ~3,0 x 1016 kg |
Densidade media | 2,6 g/cm3 asumida |
Gravidade superficial | ~0,010 m/s2 (0,001 g) |
Velocidade de escape | ~0,017 km/s |
Albedo | 0,04 (asumido)[2] |
Temperatura | ~124 K |
Ananke non recibiría o seu nome oficial[4] ata o ano 1975;[5] antes simplemente era coñecida coma Xúpiter XII. Foi chamada tamén "Adrastea"[6] entre os anos 1955 a 1975. Subliñar que hoxe en día o nome de Adrastea pertence a outra das lúas de Xúpiter.
Ananke dálle o seu nome o grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares retrogradas que orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 19,3 e 22,7 Gm, con inclinacións próximas a 150°.[2]
Ananke orbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Foron descubertos oito satélites dende o ano 2000 que seguen órbitas semellantes.[2] Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000,[1] pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter. O diagrama ilustra a órbita de Ananke en relación a outros satélites irregulares de Xúpiter. Os segmentos amarelos representan a excentricidade orbital que se estenden dende o pericentro ó apocentro. A lúa de galileo máis exterior, Calisto, foi posta coma referencia.
Dados este elementos orbitais e as características físicas coñecidas ata o de agora, pensase que Ananke podería se-lo vestixio máis grande[7] do posible corpo que se esnaquizou para forma-lo grupo de satélites Ananke.[8][9]
No espectro visible, Ananke aparece neutro pero tirando algo ó vermello (índices de cor B-V=0.90 V-R=0.38).[9]
O espectro no infravermello é semellante ós asteroides tipo P pero cun posible indicador de presenza de auga.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.