From Wikipedia, the free encyclopedia
Anacardiaceae é unha familia de plantas esencialmente arbóreas e arbustivas pertencente á orde Sapindales. Constitúena 77 xéneros cunhas 700 especies aceptadas, das case 3000 descritas, propias de países tropicais, cálidos e tépedos.[1]
Anacardiáceas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anacardium occidentale | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Géneros | |||||||||||
Ver texto |
Son árbores, arbustos, raramente subarbustos ou trepadoras, frecuentemente con zume venenosa. Son plantas dioicas, monoicas, andromonoicas, polígamas ou hermafroditas. Teñen follas alternas, raramente opostas ou verticiladas, simples ou pinnaticompuestas, pecioladas ou sésiles, xeralmente sen estípulas; cando son compostas, os folíolos son opostos ou ás veces alternos, de marxes enteiras, serrados ou crenados. As inflorescencias son terminais e/ou axilares, tirsoides, paniculadas, en acio ou espigadas, con brácteas e bractéolas deciduas ou persistentes, petaloides ou foliosas, de flores actinomorfas, unisexuais ou bisexuais, con hipanto ás veces presente e perianto xeralmente de 2 verticilos. O froito é drupáceo ou samaroide, carnoso ou seco, ás veces cun á lateral ou marxinal, ocasionalmente co cáliz subxacente agrandado (Astronium) ou unido a un hipocarpo carnoso (Anacardium). As sementes, en número de 1–12, posúen endosperma escaso ou ausente, un embrión curvado ou recto, os cotiledóns xeralmente libres, bilobados, iguais ou plano-convexos.[2]
Anacardiaceae foi descrita por Robert Brown e publicada en Narrative of an Expedition to Explore the River Zaire, p. 431, 1818.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.