Actinomorfismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O adxectivo actinomorfo,[1] do grego ακτίσ, ακτινος aktís, aktînos, "raio (dunha roda)" e μορφή morphé, "forma", "aparencia", aplícase, en botánica, á planta ou a calquera das súas partes, especialmente ás flores, que teñen simetría radial.[2] Isto quere dicir que estes órganos teñen, polo menos, dous planos de simetría. Así, son actinormorfos os caules con follas opostas verticiladas, as flores chamadas tamén regulares etc. Son sinónimos de actinomorfo —ademais de radial— regular, polisimétrico e multilateral.[3] Oponse ao termo zigomorfo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.