Anóbidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os anóbidos ou Anobiidae (que nalgunhas clasificacións están dentro da familia Ptinidae) son unha familia de pequenos coleópteros polífagos coñecidos vulgarmente como trazas ou couzas da madeira, xa que perforan a madeira tanto en estado natural coma en edificios (trabes, mobles etc.). Algunhas especies considéranse verdadeiras pragas, como Xestobium rufovillosum, Anobium punctatum e Lasioderma serricorne. Coñécense uns 1 800 xéneros distribuídos por todo o mundo.[3]
Anobiidae (ou Ptinidae) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Stegobium paniceum | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
xénero[1] | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Taxonomía
Existen tres grandes grupos de escaravellos dentro da superfamilia Bostrichoidea: Bostrichidae, Anobiidae e Ptinidae. Estes grupos sufriron frecuentes cambios na clasificación xerárquica desde a súa creación. Foron tratados como unha soa familia, tres familias independentes, dúas familias chamadas Bostrichidae e Anobiidae (con Ptininae como subfamilia de Anobiidae), ou dúas familias denominadas Bostrichidae e Ptinidae (cos Anobiidae dentro de Ptinidae). A literatura máis recente trátaos como dúas subfamilias con nomes Bostrichidae e Ptinidae, mentres que os Anobiidae serían unha subfamilia de Ptinidae (Anobiinae).[4][5] [6] [7][8]
Características
O tamaño dos anóbidos oscila entre 1,5 e 9 mm de lonxitude e son predominantemente marróns, pardo-avermellados ou anegrados. O corpo é case sempre cilíndrico, ás veces arredondado e está recuberto por unha abundante pubescencia, que ás veces forma debuxos sobre os élitros. A cabeza está máis ou menos retraída e agochada baixo o pronoto; as antenas poden ser filiformes, aserradas ou pectinadas; os ollos son grandes. As patas son delgadas e nalgúns casos poden pregarse e ocultarse en sucos na parte inferior do corpo; os tarsos son pentámeros (con cinco artellos en todas as patas).
Bioloxía e ecoloxía

As larvas desenvólvense en madeira morta, tanto natural coma traballada e, nese caso, poden producir graves estragos en trabes, artesoados, retablos, mobles, e mesmo en libros; reciben o nome común de trazas ou couzas. Xestobium rufovillosum mentres escava galerías na madeira produce uns golpiños audibles polo oído humano que parecen o tic tac dun reloxo.[9] Algunhas especies desenvólvense en fungos Xyletinus, produtos alimentarios (Stegobium) e mesmo en cigarros (Lasioderma).
Cando as larvas maduran, os adultos perforan a superficie da madeira e seguidamente a abandonan; son bos voadores e espállanse buscando lugares favorables para a posta; as femias depositan os ovos nas gretas da madeira.
Sistemática
A familia inclúe os seguintes subgrupos (subfamilias e xéneros):
- Alvarenganiellinae Viana e Martínez, 1971
- Dasytanobium Pic, 1902
- Anobiinae Kirby, 1837
- Anobium Fabricius, 1775
- Colposternus Fall, 1905
- Ctenobium LeConte, 1865
- Desmatogaster Knutson, 1963
- Euceratocerus LeConte, 1874
- Falsogastrallus Pic, 1914
- Gastrallus Jacquelin du Val, 1860
- Hadrobregmus Thomson, 1859
- Microbregma Seidlitz, 1889
- Oligomerus Redtenbacher, 1849
- Platybregmus Fisher, 1934
- Priobium Motschulsky, 1845
- Stegobium Motschulsky, 1860
- Dorcatominae Thomson, 1859
- Anitys Thomson, 1863
- Caenocara Thomson, 1859
- Dorcatoma Herbst, 1792
- Protheca LeConte, 1865
- Sculptotheca Schilsky, 1900
- Stagetus Wollaston, 1861
- Stichtoptychus Fall, 1905
- Striatheca White, 1973
- Dryophilinae LeConte, 1861
- Dryophilus Chevrolat, 1832
- Grynobius Thomson, 1859
- Ernobiinae Pic, 1912
- Episernus Thomson, 1863
- Ernobius Thomson, 1859
- Microzogus Fall, 1905
- Ochina Sturm, 1826
- Xestobium Motschulsky, 1845
- Eucradinae LeConte, 1861
- Eucrada LeConte, 1861
- Hedobia Dejean, 1821
- Mesocoelopodinae Mulsant e Rey, 1864
- Tricorynus Waterhouse, 1849
- Ptilininae Shuckard, 1840
- Pseudoptilinus Leiler, 1963
- Ptilinus Müller, 1764
- Ptininae Latreille, 1802 (spider beetles)
- Eupauloecus Mulsant & Rey, 1868
- Gibbium Scopoli, 1777
- Mezium Curtis, 1828
- Niptus Boieldieu, 1856
- Pseudeurostus Heyden, 1906
- Ptinus Linnaeus, 1767
- Sphaericus Wollaston, 1854
- Trigonogenius Solier, 1849
- Xyletininae Gistel, 1856
- Euvrilletta Fall, 1905
- Holcobius Sharp, 1881
- Lasioderma Stephens, 1835 (cigarette beetles)
- Megorama Fall, 1905
- Neoxyletobius Español e Viñolas, 1996[10]
- Neoxyletobius kirkaldyi
- Vrilletta LeConte, 1874
- Xyletinus Latreille, 1809
- Xyletobius Sharp, 1881
- Xyletomerus Fall, 1905
Sinónimos:
- Oligomerodes Fall, 1905 (sinónimo de Euvrilletta)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.