Bostríquidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os bostríquidos (Bostrichidae) son unha familia de escaravellos con máis de 700 especies descritas. Na maioría deles a cabeza non se pode ver desde arriba, xa que está dirixida cara a abaixo e agochada baixo o tórax. Excepcións son os da subfamilia Lyctinae (ás veces tratada como familia separada) e membros da subfamilia Psoinae. A familia contén especies que atacan a madeira (trazas ou couzas).
Bostríquidos | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Euderia squamosa | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Diversidade | |||||||||||||||||
Unhas 700 especies | |||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||
|
Bostrychoplites cornutus ten uns cornos torácicos distintivos e encóntrase en partes de África e Arabia; a miúdo é importado sen querer a Europa como larvas en cuncas de madeira africanas traídas como "souvenirs étnicos".[1]
O rexistro fósil da familia esténdese desde o Cretáceo, e os rexistros máis antigos son do Cenomaniano atopados en ámbar da Charente e de Myanmar, pertencentes ao xénero hoxe existente Stephanopachys[2] e das subfamilias existentes Dinoderinae[3] e Polycaoninae.[4]
Exemplos de especies

Algúns exemplos de especies son:[5]
- Amphicerus cornutus (Pallas, 1772)
- Apate terebrans (Pallas, 1772)
- Prostephanus truncatus (Horn, 1878)
- Dinoderus minutus (Fabricius)
- Lyctus brunneus (Stephens)
- Rhyzopertha dominica (Fabricius)
- Sinoxylon anale (Lesne)
- Xylopsocus gibbicollis (Macleay)
- Bostrichus capucinus
- Bostrychoplites cornutus (Olivier, 1790)
- Stephanopachys substriatus
- Trogoxylon parallelopipedum
- Lyctus cavicollis
- Lyctus linearis (Goeze, 1877)
- Lyctus planicollis
- Lyctus sinensis
- Especie fósil

- Discoclavata dominicana†Poinar Jr, 2013[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.